Denuncian a redución do proxecto de ampliación da ponte da Piroga
6 anos leva a Piroga, e toda a Costa da Morte, pendente da ampliación na ponte sobre o río Grande, no PQ 58+400 da estrada AC-552. Ese paso estreito que provoca ducias de retencións na AC-552 no enlace entre os concellos de Zas e Vimianzo. Un proxecto que nacía de 2010, e que arrincaba o pasado mes de xaneiro cunhas catas. Pero a realidade é que o proxecto inicial de ampliación ten moi pouco que ver co proxecto final, que só inclúe unha senda peonil sobre o río.
Así o denuncia o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, tras coñecer pola prensa que a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, contáballe o proxecto ao alcalde de Zas, sen avisalo.
Vázquez Mourelle explicoulle ao rexedor zaense que tras estudar varias alternativas, a solución pola que se optou consisten na execución dunha nova lousa de formigón armada con voladizos en ambos lados da ponte, construída sobre a actual obra, de xeito que teñan cabida dous carrís e beirarrúas nas dúas marxes. É dicir, unha redución orzamentaria importante con respecto ao proxecto de ampliación da ponte que se tiña anunciado con anterioridade.
Por iso, o alcalde vimiancés, Manuel Antelo, ademais de lamentar a falta de información directa por parte da Xunta, denuncia que “unha vez máis o PP incumpre o compromiso de ampliación da ponte, sendo o responsábel de anular un proxecto de ampliación, reducindo drasticamente os recursos que se investirán e cambiando un proxecto de ampliación dunha ponte por unha pasarela peonil”.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2016: Realizan catas para ampliar a senda peonil da ponte de Baio.
- 2011: A Xunta licita a Ponte da Piroga.
Fonte
- Redacción de QPC (info