Desmantelada unha banda de estafadores de contratos eléctricos que actuaba en Vimianzo e Zas
16:51 14/07/17
Axentes da Garda Civil de Vimianzo detiveron unha persoa e imputaron a outras dúas por un suposto delito de estafa, extorsión, hurto e organización criminal. Ao parecer, o modus operandi deste grupo consistía en visitar domicilios nos que habitualmente vivían persoas de avanzada idadade en calidade de comerciais dunha empresa enerxética. Durante a visita ao fogar extorsionaban ás vítimas pedíndolle unha cantidade de diñeiro a cambio de non cortarlle o sumunistro eléctrico.
Unha vez que a persoa accedía ao pago, controlaban o lugar onde gardaba o diñeiro para, posteriormente e mentras un dos autores entretiña á vítima, outro deles apropiábase dos cartos que había na vivenda.
As investigacións comezaron xa no mes de marzo e dende aquelas varias vivendas dos municipios de Vimianzo e Zas foron afectadas. Unha vez que os axentes coñeceron a forma de actuar dos estafadores, estreitaron o cerco sobre eles con diferentes identifiacións mentras que reunían as probas suficientes para proceder á súa inculpación.
Grupo estructurado
Durante a investigación, comprobaron que actuaban como "un grupo perfectamente estructurado", sinalan dende a Garda Civil, no que o cabecilla contaba con numerosos antecedentes policiais por delitos da mesma causa.
Unha vez reunidas todas as probas, os axentes da Garda Civil procederon á detención do suposto cabecilla do grupo e á imputación dos outros dous individuos, poñendo todos os feitos en coñecemento do xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 de Corcución.
A investigación continúa aberta xa que a Garda Civil ten constancia de que o grupo se movía por toda a comunidade e coñece da existencia de máis vítimas.
Novas relacionadas
- Maio 17: Detido tras unha estafa online e un intento de roubo fallido en Correos
- Maio 17: 4 detidos por varios roubos en Bergantiños.
- Abril 2017: Un carballés detido por roubar en 5 vehículos de Muros e Santa Comba.
- Decembro 2016: Detido en Cee por 3 delitos tras intentar fuxir dun control de Tráfico.
- Artigo de Rosaura Romo: Máis alá do delito.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Garda Civil.