Unha ducia de empresas xa están apuntadas ás xornadas de asesoramento á empresas sobre o Polígono de Vimianzo
Unha das eivas que notou o Concello de VImianzo para a chegada de novas empresas ao Parque Empresarial é a falta de información. De aí que as últimas xuntanzas con Suelo Empresarial de Atlántico servisen para establecer certas estratexias para levar ás empresas as posibilidades do polígono.
A primeira acción será unha Xornada de Asesoramento Personalizado á empresas. Son máis dunha ducia as que acodirán o vindeiro luns 28 de outubro (o prazo de inscrición está aberto ata o 23) á sesión, para coñecer as vantaxes que ten o parque para o teu negocio.
Na xornada, que se desenvolverá na Casa de Cultura, participarán técnicos de SEA e a súa xerente, Beatriz Sestayo, así como o arquitecto municipal, co obxectivo de favorecer unha comunicación directa e individualizada que permita despexar dúbidas administrativas ou económicas, relativas ao terreo útil de cada parcela, aos requisitos urbanísticos ou ás dotaciones coas que conta a área empresarial.
Inscrición
O prazo de solicitude de cita estará aberto ata o 23 de outubro. Pódese formalizar a través do Departamento de Promoción Económica ou ben empregando o formulario en liña que se pon a disposición pública a través da páxina web do Concello.