Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Feira de Artesanía do Asalto busca artesáns

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Imaxe das primeiras Feira de Artesania do Asalto ao Castelo de Vimianzo
A Feira de Artesanía do Asalto busca artesáns

Ademais de buscar actores para a representación teatral do VIMIANÇUS, o Asalto ao Castelo de Vimianzo anda na procura tamén de artesáns. A organización vén de abrir o prazo de inscrición para a 10ª edición da Feira de Artesanía, que se celebrará durante todo o día do sábado 2 de xullo, que serve como escaparate de artesáns locais e de toda Galicia de produtos ecolóxicos e manufacturados.

A praza do Concello volverase encher pois de artesanía, e de música, teatro de rúa, actividades para nen@s… sendo un dos epicentros da fin de semana, perfectamente compatible coa Mostra de Artesanía ao Vivo sempre aberta no interior do castelo.

Destacan, iso si, que na Feira non se poden vender produtos de consuimo directo, para promocionar á hostalería local.

O prazo para apuntarse como feirante xa está aberto e remata o xoves 30 de xuño. Para inscribirse débese cubrir un formulario na páxina web da festa www.asaltoaocastelo.gal, onde tamén se poden consultar as bases completas.

Imaxes da primeira Feira de Artesanía
Imaxes dunhas das primeiras citas da Feira de Artesanía
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Imaxes dunhas das primeiras citas da Feira de Artesanía

Novas do Asalto

 

Comentarios