VIMIANÇUS, a representación irmandiña do Asalto, busca protagonistas

Ademais do festival de música, a representación teatral é o gran símbolo de identidade que diferencia o Asalto ao Castelo dunha festa normal.
Este ano, ademais na celebración do 25 aniversario e coa estrea do calificativo Festa de Interese Turístico, a obra será aínda máis especial.
Volve á dirección a alma da mesma, Guillermo Méndez, que está buscando actores para a representación que farán as delicias no cumio da noite do 2 de xullo. Méndez adapta sempre a revolta irmandiña do século XV á ocasión, cun guión especial para cada edición da festa. Este ano a epopea chámase “VIMIANÇUS”, que conta a lenda dunha moza meiga campesiña destinada a liderar unha das revoltas.
A peza divídese en 4 actos e fará unha viaxe paralela entre as dificultades dunha muller do século XV coas vicisitudes que leva superado o festival nos seus 25 anos de historia. Non faltará pois, a crítica á sociedade actual: “impasible, conformista e servil”.
Casting

Así, quen queira participar, terá que acudir ao casting que se celebrará o sábado 21 de maio ás 20h no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, onde se dará conta de máis detalles sobre os papeis e argumento da peza deste ano.
Novas do Asalto
- Asalto 22: O Asalto poderá celebrar o 25 aniversario como Festa de Interese Turístico Galego.
- Asalto 2022: O Asalto ao Castelo recupera a música e a súa singular representación para celebrar o seu 25 aniversario.
- ”Asalto 2021”: O lume tomou as terras irmandiñas.
- Decembro 2019: O Asalto tamén vai polo bo camiño para ser declarada Festa de Interese Turístico.
- Asalto 2019: A calor irmandiña invadiu Vimianzo nun exitoso Asalto ao Castelo.
- Asalto 2017: O Asalto rexistrou o maior éxito de público da súa historia.
- Asalto 2016: Os irmandiños volven a Vimianzo.
- Asalto 2015: O XX Asalto ao Castelo 2015, xa no youtube.
- Asalto 2015: A representación teatral reivindica a singularidade dos 20 anos do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012: A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.