Mónica Rodríguez nos #DirectosQPC: “Toca escoitar, analizar e despois facer propostas para reactivar a economía”
Continuamos este martes 19 de maio coa rolda de alcaldes e alcaldesas da comarca nos #DirectosQPC. Cada martes e xoves estaremos botando unha ollada ao futuro inmediato e pensando en como un concello pequeno pode axudar a paliar esta crise.
Se o xoves estaremos en Mazaricos, hoxe fixemos parada en Vimianzo, falanco coa alcaldesa Mónica Rodríguez. Menos dun ano á fronte do goberno despois da reunificación do socialismo vimiancés, enfróntase a esta crise sen precedentes.
Debullou como xestionaron a crise, aseverando que en moitos momentos, o Concello, como a administración máis cercana a veciñanza si que se sentiu “coxos de información para poder afrontar labores de prevención”. Repasou os días máis movidos da pandemia, con esa detección de 6 positivos na Residencia, pero tamén a cantidade mostras de solidariedade feitas durante este tempo.
Repasou a importancia que lle deron dende o Concello á homologación das máscaras, facendo referencia ao que os expertos lle trasladaron; falou do trato coa oposición e de posibles proxectos formulados na anterior lexislaturas; e de proxectos pendentes como o chamado Corredor e a hipotética conexión co Polígono.
En clave económica recoñeceu o traballo dos ADL da comarca, nomeadamente o da vimiancesa Rosa Sánchez, para a creación do Plan de Reactivación Económica, que servirá de modelo para adaptar a cada realidade municipal. Pero apuntou que polo de agora se atopan en fase de preliminar para poder anunciar medidas concretas para paliar a crise. “Toca escoitar, analizar e despois facer propostas. Por agora estamos abrindo os formularios para que os comerciantes, hostaleiros… nos conten cales son as súas necesidades”.
Rolda de alcaldes e alcaldesas nos DirectosQPC
- A alcaldesa Sandra Insua debulla a actualidade de Camariñas nos #DirectosQPC.
- David Barbeira: "Imos ir máis alá de dar 1.000€ aos autónomos. Iso vale moito pero non é suficiente”.
Outros DirectosQPC
- Patricia Vaquero pon en valor a análise da crise co coronavirus dende a perspectiva de xénero nos #DirectosQPC.
- Falando de orientación universitario coa comunidade educativa de Baio.
- Baio celebra na rede a súa Festa dos 100 anos.
- Noelia Siaba cóntanos como se vive a pandemia en NYC.
- Alicia Barreiro e Silvia Penide unen os sectores sanitario e cultural para lanzar unha mensaxe de esperanza.