Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O primeiro derbi oficial entre Fisober B e Vila de Cee queda en Vimianzo

O primeiro derbi oficial entre Fisober B e Vila de Cee queda en Vimianzo
Imaxe do FIsober B -Vila de Cee

Na tarde do sábado enfrontábanse por primeira vez na historia en partido oficial o Fisober B e o Vila de Cee e a vitoria foi para as locais neste derbi costeiro. Merecida vitoria do cadro vimiancés, que leva dúas consecutivas, xa non se recordaban, ante un Vila de Cee en clara melloría. Unha pena o aprazamento do partido do primeiro equipo que permitiría un gran colofón ó derbi.

Moitos detalles a destacar do partido, como a cordialidade do derbi, como que as xogadoras e adestradores locais luciron un lazo rosa en apoio o día mundial contra cancro de mama. Tamén foi curioso o enfrontamento entre pai e filla, Mon Lijó directivo do Vila de Cee e a infantil María Lijó que milita no Fisober.

Ademais, tamén na 3ª xornada da Liga Provincial, o Pabellón Municipal de Betanzos acollia o choque entre o Troula FS e o Concello de Ponteceso FSF, con resultado de 1-4 a favor das pontecesanas.

Liga Provincial, xornada 3

Imaxe do FIsober B -Vila de Cee
  • Resultado: FISOBER “B” F.S.F. - VILA DE CEE (6-4).
  • FISOBER “B”: Martina, Paula, Noelia, Andrea e Laura; tamén xogaron: Natalia, Tamara, Inés, Alejandra, María Lijó e Anabel.
  • VILA DE CEE: Adriana, Ana Trinidad, Andrea Romero, Tati e Sandra; tamén xogaron: Andrea Muiño, Raquel, Claudia e Belén.
  • Goles: 1-0 Paula Fandiño; 2-0 Paula Fandiño; 3-0 Natalia; 3-1 Ana Trinidad; 3-2 Andrea Romero; (descanso); 4-2 Inés; 5-2 Paula Fandiño; 6-2 Alejandra; 6-3 Andrea Romero; 6-4 Tati.

O partido comezou co dominio local e cas visitantes esperando a media pista para tentar saír a contra. Os dous equipos cos nervios típicos dun derbi e de conxuntos cheos de xuventude. Ós seis minutos un lanzamento da local Paula Fandiño servía para adiantar as súas e certificar o dominio cun gol. As locais xogaban cada vez un pouco máis tranquilas pero sen impoñer moito ritmo o partido.
As visitantes tentaban roubar e saír a contra , así o fixo Ana Trinidad os once minutos cun lanzamento o pau. Os catorce minutos un lanzamento de esquina executado por Paula Fandiño rozou en Andrea Romero e supuxo o segundo gol local.
Case deseguido a local Inés nunha xogada individual estivo a piques de conseguir o terceiro. O partido converteuse nun ida e volta e Andrea Muiño tivo unha clara ocasión de gol. Pero a resposta local os quince minutos, levou de novo o balón os pés de Inés, a súa xogada rematou cun balón rexeitado que Natalia aproveitou para poñer o cero a tres.

Con esa claridade no electrónico as locais entroulles a habitual páxara e chegaron ocasións para as visitantes a contra. No minuto dezasete Ana Trinidad aproveitou un erro do filial para por o tres a un. E cando se chegaba o último minuto da primeira metade a ex xogadora do Fisober Andrea Romero facía o tres a dous co que se chegaba o tempo de lecer.
Volvían a poñerse as pilas a saída dos vestiarios as locais e os catro minutos da reanudación Inés poñía o catro a dous. Non se rendían as visitantes e Ana Trinidad dende lonxe topaba ca trabe. Aparecían ocasións en ambas áreas.
Tamén desperdiciaba un man a man a capitana local Laura e tamén topaba co pau a local Paula Fandiño. Unha Paula Fandiño que a catorce para o fin e de novo con rexeite en Andrea Romero facía o cinco a dous.
E só dous minutos despois era Alejandra, co seu primeiro gol como xogadora do Fisober e na categoría Provincial, a que facía o seis a dous para as locais, por certo unha Alejandra que marcaba o seu primeiro gol en Provincial.

Con este resultado as locais voltaron a relaxarse e as visitantes decidiron arriscar máis, pero curiosamente o perigo visitante seguía a chegar a contra. A sete para o fin era Andrea Romero a que facía o terceiro gol para as do Villa de Cee. E a catro para o fin nun lanzamento cruzado Tati facía o definitivo seis a catro.
Dende aquí ata o fin tensión por un resultado máis axustado e as visitantes utilizando moitas veces o ataque de cinco que non resultou.

Liga Provincial, xornada 3

  • Resultado: Troula FS - Concello de Ponteceso (1-4)
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Alba, Martina, Carmen e Sandra – tamén xogaron- Ana, Carla, Laura, Zeltia e Bea.
  • Goles: Carmen (4).
  • Expulsión: Salomé por parte pontecesá con doble amarilla.

O Ponteceso FSF soubo dominar o encontro dende o inicio, ante un rival incómodo en todo momento. As pontecesanas tiveron a maior posesión do encontro e as oportunidades se sucedian unha tras outra polo que lograban adiantarse no marcador co 0-1 nunha xogada combinada entre Carmen e Alba no minuto 7 de xogo. Poucos minutos despois grazas a unha boa defensa das mesmas, volvia a rematar Carmen unha contra ben triangulada por todo o equipo e a falta de 5 m para o descanso Carmen de novo remataba un córner a pracer para facer as delicias dos afeccionados visitantes na bancada.

No segundo período, as rapazas de Barca e Curro saíron moito máis confiadas o que serviu para que as xogadoras do Troula subisen liñas e crearlle dificultades na saída do balon ás pontecesanas. Esto supuxo un xogo máis bronco e cheo de interrupcións no encontro. Ana de xogada persoal poñia o 0-4 a falta de 10 para o final, case sentenciando o encontro e afundindo as esperanzas das locais o que supuxo que noutra xogada ben armada dende a defensa, Carmen marcara o seu cuarto tanto da mañá. A falta de 15 segundos para o final do partido Salomé via a segunda cartulina amarela por agarrar o balon fóra da área, supoñendo o único gol local no partido de falta directa.

Con este resultado, o Concello Ponteceso FSF vaise cun bo sabor de boca despois da derrota da xornada anterior e mellorando claramente no seu xogo.

No próximo partido o Ponteceso FSF enfróntase contra as líderes da categoria, o Portosín FSF.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios