Martes. 08.10.2024
El tiempo

Os escaparates están vivos en Vimianzo

Os escaparates están vivos en Vimianzo

Novedosa iniciativa do Concello de Vimianzo para revivir a figura denostada do Escaparate. O Concurso de Escaparates pretende premiar o máis creativo ademais do máis navideño. Todo para recuperar o sabor máis tradicional, porque do arrecendo xa se ocupa o posto ambulante de castañas que precorre, canda un Papá Noel, os negocios e as rúas dos núcleos comerciais do concello: Baíñas, A Piroga e Vimianzo.

Xa podedes pasar botar un ollo e votar no facebook do Concello de Vimianzo. Alí xa están as fotos dos escaparates dos negocios participantes, unha mostra dos produtos que se poden mercar en Vimianzo: Arco Iris, A tenda de Ma, Calzados Yolanda, Cortinas Andújar, Floristería González, Deportes Andújar, Librería Roget, Moda Agabe, Panadería Sampedro, Perfumería Pose´s e Vístete.
Podes votar no facebook do concello pinchando en “Gústame” e o que obteña maior cantidade de “gústame” será o escaparate premiado polo público. Ademais na vindeira semana o xurado pasará ver os escaparates en directo para dar a súa valoración.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios