Tesouros da Parroquia de Berdoias (III): A Eira de Rúa e a Eira da Gaia
A Eira da Gaia está na Pedra do Frade
Mostra do Patrimonio Material da Parroquia de Berdoias:
Construcións de transformación do Gran (III): A Eira de Rúa no lugar da Casanova e a Eira da Gaia na Pedra do Frade
A Casanova e A Pedra do Frade son dous pequenos lugares da parroquia, ubicados moi pretiño da VÍa Mariana Luso- Galaica.
Nas súas aforas, mesmo a carón de cada un deses lugares, están estas dúas xoias: a de Rúa e a da Gaia, dúas pequenas eiras circulares que se nos ofrecen á vista tal que dous “aneis encantados”.
Os seus chans, nunha perfecta adaptación ó medio no que se ubican, están feitos aproveitando in situ terreos rochosos: no caso da eira de Rúa, procedente dunha soa laxe natural aplanada; e o chan da de Gaia, procedente de tres laxes naturais aplanadas.
Os bordos, valados perimetrais das dúas eiras, son de pouca altura e de cachotería. E só no caso do bordo da de Rúa combina, en perfecta harmonía, un tramo de cachotería con outro tramo a base de chantos de pedra.
Velaquí dous exemplos de arquitecturas do pan que, por propia vontade dos seus donos, aínda perduran esplendidamente no tempo, ocupando espazos solleiros e ventosos, porque o sol e o vento foron e son sempre imprescindibles para calquera boa eira.
Aqui quedan fotografías das eiras de Rúa e da Gaia e mapas dos lugares de A Casanova e de Pedra do Frade coa localización das súas eiras:
Mapa das Eiras de Pedra do FradeFoto da Eira da Gaia
Mapa das eiras de Casanova
Foto da Eira de Rúa
Tesouros de Berdoias
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (I): A Eira da Rata
- Tesouros da Parroquia de Berdoias (II): A Eira do Sores, en Romar≤/a>.