Trasouteiro volveu gozar coas carrilanas
Pouca participación na XXII Baixadas das carrilanas de Trasouteiro, pero o tempo acompañou e numeroso público abarrotou as cunetas da baixada. Ademais, non houbo que lamentar ningún accidente coma na cita do ano pasado.
Na baixada cronometrada tan só Playboy non dou chegado ameta tras unha saída de pista, pero si puido facer a baixada conxunta final.
Na baixada final Tajeas Vimio Team aproveitouse de saír na primeira posición, tralo mellor tempo da fase cronometrada, e trastapar ben A Javilla e Reventavalados nas primeiras curvas acabou gañando cun tempazo e revalidando o título que conseguiran o ano pasado.
Así, finamente, os tres primeiros clasificados na carreira recibiron un premio, e ademais o Trofeo deseño á Carrilana máis elaborada foi para o Gerente (Esteiro).
Cronometraxe dos tempos das Carrilanas da XXII Baixada de Trasoutero
NOME CARRILANA | TEMPO REAL | POSTO |
Tajeas Vimio Team (Vimianzo) | 1’ 37’’ 02 | 1º |
A Javilla (Esteiro) | 1’ 38’’ 61 | 2º |
Reventavalados (Vimianzo) | 1’ 42’’ 77 | 3º |
Brincadeira (Vimianzo) | 1’ 45’’ 40 | 4º |
Palcos Vimianzo (Vimianzo) | 2´ 08” 40 | 5º |
Gerente (Esteiro) | 2’ 32’’ 43 | 6º |
Playboy (Laxe‐Vimianzo) ‐ | 7º |
Novas relacionadas
- 2012: Accidentada Baixada de Carrilanas de Trasouteiro.
- 2012: Baixada de Carrilanas accidentada en Esteiro.
- 2011: Esteiro superou a Vimianzo na Baixada de Carrilanas de Trasouteiro.
- 2010: XIX Baixada das Carrilanas de Trasouteiro: Choque de carrilanas.
- Unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC MOTOR ([email protected]).