domingo. 10.11.2024
El tiempo

Vimianzo abre a temporada micolóxica cunhas xornadas dirixidas por José M. Castro Marcote

MICOLOXÍA VIMIANZO 2023
Vimianzo abre a temporada micolóxica cunhas xornadas dirixidas por José M. Castro Marcote

Os vindeiros sábado 7 e domingo 8 de novembro terán lugar as actividades das novas Xornadas Micolóxicas do Concello de Vimianzo. Unhas xornadas dirixidas polo experto José M. Castro Marcote, colaborador desta casa, un dos organizadores das Xornadas que Pan de Raposo organiza cada novembro en Cee, nas que haberá unha charla de micoloxía e se realizará unha recollida, clasificación e degustación de cogumelos.

As persoas interesadas poden inscribirse nesta ligazón.

O martes 7 terá lugar unha charla na Casa da Cultura ás 10:00 horas. Nela Castro Marcote abordará o tema da micoloxía, explicando as diferentes clases de fungos que se poden atopar, como proceder á súa recollida e demais cuestións de interese.

O domingo 8, será o día no que máis actividades hai plantexadas. A primeira delas é unha recolleita de cogomelos. Os participantes deberán estar ás 10:00 horas no Casa da Cultura para realizar a saída de campo. Despois da recolleita, a partir das 13:00 horas, procederase á clasificación e á súa degustación no campo da Areosa.

Novas relacionadas

Artigos de José M. Castro Marcote en QPC sobre micoloxía

Comentarios