Vimianzo axuda a crear unha rede de vilas históricas europeas

Tralas sesións previas internas, o 6º Encontro Internacional do proxecto europeo #EuSAVE abría as portas á veciñanza cunha xornada de portas abertas. A Casa da Cultural acollía unha charla con presencia dos oito países europeos participantes (Italia, Bélxica, Croacia, Portugal, Bulgaria, Letonia, Macedonia) nesta iniciativa internacional formulada para o «Deseño de novas estratexias de desenvolvemento conxunto para poboacións históricas intelixentes e sostibles da UE».
O proxecto europeo #EuSAVE – Citizens’ action for Smart Historic Villages, que lidera o Concello de Vimianzo, vénse desenvolvendo desde 2018. O seu obxectivo é crear unha rede de vilas históricas europeas intelixentes que aumente a implicación e a participación dos cidadáns na vida socioeconómica e estableza estratexias de desenvolvemento baseadas no patrimonio cultural material e inmaterial deses territorios históricos.
Durante estas xornadas estase realizando un mapa de boas prácticas en mateira de nnovación social e o patrimonio cultural.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que con este tipo de proxectos “estamos facendo unha Europa máis unida. Créanse lazos pero tamén nos coñecemos mellor, como individuos e como conxunto de comunidades dentro dun continente”.
NOVAS DO PROXECTO EUROPEO EUSAVE
- Xuño 22: Vimianzo acolle outro Encontro Europeo sobre patrimonio.
- Decembro 19: Vimianzo aprende e exporta a aproveitar o patrimonio en Bélxica.
- Setembro 19: Vimianzo exporta a súa innovación cultural a 8 países no encontro en Croacia do proxecto #EuSAVE.
- Xuño 19: O Concello de Vimianzo participa esta semana no segundo encontro do programa Europeo #EuSAVE.
- Abril 19: Vimianzo afonda, como capital europea, en estratexias concretas de patrimonio e desenvolvemento rural.