Mércores. 22.05.2024
El tiempo

Vimianzo descubre os seus recunchos a pé

ANDAINAS Descubre Vimianzo 2024 copia
Vimianzo descubre os seus recunchos a pé

O Concello de Vimianzo presenta unha nova edición do programa de andainas para descubrir o municipio a pé. Trátase dun conxunto de seis rutas que se dividen en dous bloques, os ‘Recunchos de verán’, que terán lugar en maio e xuño, e os ‘Recunchos de outono’, que se celebrarán nos meses de setembro e outubro.

A primeira das camiñadas será o vindeiro domingo, 18 de maio, onde se darán a coñecer os segredos do Val de Vimianzo a través dun percorrido circular de 14 quilómetros.

O 8 de xuño será a quenda da Ruta do Mel, unha camiñada de 9 quilómetros nos que se as persoas participantes se mergullarán na cultura da apicultura neste territorio.

Os Recunchos de Verán pecharanse o 29 de xuño cunha ruta polas terras de Carantoña. O traxecto, de 11 quilómetros, permitirá coñecer e gozar da beleza natural da parroquia.

Por outra banda, o 22 de setembro darán comezo os Recunchos de outono cunha andaina polos penedos de Pasarela e Traba, un dos principais atractivos do municipio. A través desta viaxe as persoas asistentes poderán achegarse á arte natural do municipio, con pezas únicas creadas debido ás forzas da natureza.

ANDAINAS Descubre Vimianzo 2024

Máis novas

 

Comentarios