Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Vimianzo pon en valor o seu patrimonio en Bulgaria

Rosa Sanchez no proxecto EuSave en Bulgaria
Rosa Sánchez expoñendo en Bulgaria
Vimianzo pon en valor o seu patrimonio en Bulgaria

Ata Bulgaria desprazouse a Axente de Desenvolvemento Local, Rosa Sánchez, para representar o Concello de Vimianzo no 7º Encontro Internacional #EuSAVE denominado ‘Foro internacional sobre a sustentabilidade social e o patrimonio cultural das zonas rurais’. Un proxecto que trata de crear unha rede de vilas históricas europeas que permita crear novas e innovadoras estratexias baseadas na sustentabilidade social e o patrimonio cultural.

Desde este martes 30 de agosto e ata o sábado 3 de setembro, a cidade búlgara de Berylovo recibe a representantes de varios países europeos como España, Italia, Croacia, Bélxica, Portugal, Bulgaria, Letonia e Macedonia, para poñer sobre a mesa as fortaleza e puntos a mellorar das diferente vilas históricas que os integran.

Rosa Sánchez, como representante do Concello que lidera este proxecto que engloga a 40 municipios de menos de 10.000 habitantes, deu a benvida e tratou de trasladar todo o potencial cultural, paisaxístico, social e económico do municipio para seguir buscando novas formas de crecemento a nivel local e europeo. Tamén será a encargada de recoller os plans de actuación doutros lugares para poder ver se terían cabida en Vimianzo e seguir poñendo en valor todo a súa riqueza.

EuSave Vimianzo en Bulgaria
Auditorios cheos para os encontros

Desde o goberno local sinalan que este novo encontro é “unha oportunidade máis para dar a coñecer o noso e para seguir medrando da man con outras vilas históricas da Unión Europea, coidando a comunicacións con outros compañeiros e compañeiras que, a pesar da distancia, comparten os nosos problemas e tamén as nosas oportunidades”.

NOVAS DO PROXECTO EUROPEO EUSAVE

Comentarios