Volven as excavacións ao Castro das Barreiras
09:31 30/10/21
Tal e como anunciaban na campaña de primavera, xa está en marcha unha nova acción de preservación e excavación no xacemento do Castro das Barreiras de cara a realizar novos descobrimentos que axuden nas pesquisas das peculiaridades deste asentamento.
Onte tivo lugar a xuntanza entre a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez e o arqueólogo, Tito Concheiro. Moi pronto poderemos coñecer máis novidades!
NOVAS RELACIONADAS
- Maio 21: “O Castro das Barreiras vaise converter na auténtica locomotora do patrimonio cultural de toda a comarca”
- Setembro 2020: A recreación dun fogar, o escalonamento da muralla e o cemiterio de cerámica, os achádegos campaña 2020 no Castro das Barreiras.
- Xuño 2020: Vimianzo volve limpar o Castro das Barreiras.
- Xullo 2019: Vimianzo mantén viva a aposta polo patrimonio e volve limpar o Castro das Barreiras.
- Marzo 2019: Nenxs e maiores danlle sentido ao Castro das Barreiras.
- Febreiro 2019: “É unha honra que un concello tan pequeno como Vimianzo aposte pola arqueoloxía como motor turístico”.
- Maio 18: A excavación do Castro das Barreiras pecha cun gran achádego metalúrxico.
- 2010: O Castro de Barreiras: o expediente X da arqueoloxía galega .