Xa arrecende a Cea Medieval no Castelo de Vimianzo


Os patrocinadores e colaboradores do XIX Asalto ao Castelo xa poden comprar entrada para a Cea Medieval. Unha das citas máis esperadas sobre todo pola familia irmandiña, que cada ano enche o foxo do Castelo para disfrutar, un día antes do Festival, da súa Festa en familia. Un lugar inmellorable para trasladarnos séculos atrás e poder comer como bestias o menú arqueogastronómico. Unha verdaed experiencia.
I é que edición tras edición o Asalto ao Castelo de Vimianzo vai consolidando as actividades de máis recente creación. A de máis éxito é sen dúbida a Cea Medieval, que cumpre desta un lustro. Cada ano medran as peticións de entradas, porén o espazo é reducido xa que non se poden reunir máis de 300 comensais.
Ao igual que o ano pasado, o sistema de venda de entradas para a V edición da Cea Medieval (4 de xullo) divídese en dous prazos (mantense o prezo de 20 €):
- 1) Haberá un primeiro prazo de venda de entradas para patrocinadores e colaboradores. Este prazo rematará o 1 de Xuño. O número máximo de entradas que se poden comprar é de 2 por persoa. As entradas terán que ser solicitadas a festa@asaltoaocastelo.org.
A xente que aínda non estea identificada como axudante e desexe botar unha man, pode anotarse a través de Óscar Santos e, ao mesmo tempo, para comprar entradas para a cea se o considera oportuno. - 2) A partir do 2 de xuño e até esgotar existencias poranse á venda as entradas que queden libres, cun tope máximo de 300. O máximo número de entradas a sacar nesta fase será o de 4 por persoa. Os puntos de venda serán os seguintes: a Casa da Cultura de Vimianzo; a Administración de Lotaría de Vimianzo; ou se non, de maneira virtual, a través do portal de venda online www.servinova.com.
Con todo, quen non poida asistir á Cea, terá ocasión igualmente de gozar dunha actividade teatral e outra musical a partir da unha da madrugada, cando se abran as portas a todo o público que queira asistir, de balde.
Gala-casting
Todos estes detalles máis outros serán revelados na Gala-Casting que se celebrará o sábado 31 de maio no Auditorio de Vimianzo ás 20.30h. Nela revelarase o cartel, concertos e as novidades preparadas para celebrar a XIX edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
Feira artesanal
Noutra orde de asuntos, xa anunciamos que está aberto o prazo para apuntarse á Feira Artesanal que se realiza no mesmo sábado do Asalto (5 de xullo). Para participar non hai máis que cubrir a ficha que está na web da festa www.asaltoaocastelo.org/actividades-paralelas/feira-artesania ou cubrindo un formulario de inscrición no Departamento de Cultura do Concello de Vimianzo (o cal tamén poden descargar na páxina xa citada).
Máis información
- www.asaltoaocastelo.org.
- www.facebook.com/asaltoaocastelo.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
Novas relacionadas
- 2014: Arrinca unha nova revolta Irmandiña co #AsaltoaoCastelo14.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2013: Os mellores Pinchos Irmandiños xa teñen premio.
- Asalto 2013: O Asalto cumplíu a maioría de idade e segue medrando.
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Axenda Sonora
- O Rockin`Carballo abre a temporada de festivais na Costa da Morte.
- Los Enemigos volverán a Malpica polo Nordestazo Rock 2014.
- O Festival Sereas e Piratas xa ten nova data.
- Dúas bandas rockeiras de referencia para internacionalizar o Festival VdeValarés.
- Mazaricos porase no panorama electrónico europeo co Fermaz Festival.
- Terbutalina e Los Gatillazo arrincan o #CasteloRock14.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).