#8M: Zas concentra o día nas crianzas

Con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 marzo, o Concello de Zas vén de deseñar un programa de actividades nas que os máis novos serán os protagonistas.
A programación arrinca estes luns e martes cunhas xornadas creativas dirixidas ao alumnado de educación primaria. “As mulleres que nos constrúen” é o título da sesión impartida por Tarabela Creativa e que se celebrará mañá no CPI de Zas e o martes no CEIP Labarta Pose.
A seguinte actividade son uns “Obradoiros de xénero e medios de comunicación” dos que se encargarán de impartir membros da asociación Agareso. Serán o día 8 de marzo no CPI de Zas e o día 10 no IES Maximino Romero de Lema.
Entre os meses de marzo e abril, realizaremos unha xornadas a prol dos dereitos laborais das mulleres, especialmente para as coidadoras e traballadoras do fogar. Estes “Circuitos de Obradoiros 8M” serán impartidos pola Asociación Arabías a través da Deputación da Coruña. E como vén sendo habitual, o propio Día Internacional da Muller o Centro de Información á Muller - CIM - de Zas emitirá un manifesto que se publicará na páxina web do Concello de Zas e nas redes sociais municipais.
Crónicas do 8M
NOVAS DO 8M
- Ponteceso: #8M: Feminismo en pé convoca a gran mobilización feminista de Bergantiños:
- Corcubión: Un obradoiro para mulleres, dous para nen@s e unha andaina para o 8M de Corcubión.
- Santa Comba: #8M: Unha 8M de documental en Santa Comba.
- Cee: #8M: As mulleres de Cee teñen moito que contar.
- Carnota: 8M: As mulleres de Sonlilá homenaxean a Marupe cunha cadea de mulleres.
- #8M: Buserana conversa sobre a vida real das mulleres
- 8M Carballo: "Na nosa contorna máis inmediata hai mulleres que son referentes nas súas profesións” (entradas esgotadas)
- 01-02-2023: Carnota chora o pasamento de Marupe.
- 8M 2022: Unha cadea humana sobre a praia de Carnota para simbolizar a forza das mulleres.