Martes. 09.08.2022
El tiempo

Arrinca o Mes do Libro no IES de Baio con [email protected] especiais

Mes do Libro no IES de Baio
Arrinca o Mes do Libro no IES de Baio con [email protected] especiais

A Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema de Zas celebrará, co inicio da primavera, a cuarta edición do Mes do Libro durante todo o mes do abril. O alumnado terá oportunidade de escoitar a escritores premiados como Héctor Cajaraville (que compartirá as súas reflexións sobre Denébola, a Roxa) ou Arantza Portabales (que nos falará das peripecias dos detectives Abad e Barroso en A vida secreta de Úrsula Bas), e a escritores máis novos e que comezan a ser coñecidos como Nee Barros, que virá comentar o libro Identidade, e a ilustradora e autora, Laura Suárez, que ilumina mitos e lendas que teñen como escenario máxico o Monte Pindo ou á ilustradora Sofía Fondo coñecida pola ilustración que acompañou ás Tanxugueiras.

En definitiva, un programa que permitirá ao alumnado
somerxerse no mundo do libro e da lectura.

comentarios