Sábado. 12.10.2024
El tiempo

O Concello de Zas presenta o primeiro libro infantil sobre Enrique Labarta Pose

O poeta da Terra-Libro Infantil Enrique Labarta pose
O Concello de Zas presenta o primeiro libro infantil sobre Enrique Labarta Pose

“O Poeta da Terra” é o primeiro libro infantil sobre Enrique Labarta Pose. O Concello de Zas continúa con esta obra dirixida ao público infantil o proceso de difusión da figura do autor zaseiro. O Día das Letras Galegas está cada vez máis preto.

O libro, editado polo Concello e incluído dentro da colección de literatura infantil sobre personaxes galegos de Lela Edicións, será presentadao 26 de outubro nun acto que terá lugar ás 17:00 horas no Auditorio de Baio. 

Durante a presentación do exemplar intervirán Jorge Mira Pérez, en calidade de presidente da Comisión Enrique Labarta Pose; Enrique Mauricio e Carlos Taboada, autores do libro; e Manuel Muíño, Alcalde de Zas. O acto estará guiado por Tania Carreira, técnica do Concello de Zas.

“O Poeta da Terra” é unha pequena biografía de Enrique Labarta Pose na que tamén se inclúen algúns dos seus poemas máis relevantes. Ten un formato moi vistoso, con ilustracións de Tania Solla, e está incluído dentro da colección de literatura infantil sobre personaxes galegos de Lela Edicións.
Este é un acto organizado polo Concello de Zas aberto a todos os públicos. 

Máis novas sobre Labarta Pose

Comentarios