A Fundación Brandomil levou o seu documental sobre o Camiño ao Teatro Colón

Cerca de 200 persoas puideron gozar esta fin de semana do documental “Camiño Xacobeo. Santiago-Muxía por Brandomil”, gracias á proxección realizada no Teatro Colón da man da Deputación da Coruña. Ademais, a boa acollida do público foi moi ben atendido polos responsables da entidade. Así o recoñecía o propio director, Manuel Rial, que presentou o documental, puxo un marco inmellorable para entender a súa creación, e moderou o coloquio final. Rial agradeceu á Fundación Brandomil a produción así coma á Deputación da Coruña a oportunidade de emitir o documental neste magnífico espazo. E como non, invitou ós asistentes a facer o camiño.
Co afán de seguir dándolle difusión a este camiño Xacobeo, o documental seguirá percorrendo outros concellos da contorna.
Máis novas sobre Brandomil
- 22: Un libro recolle a historia de Brandomil dende o século XII ata o XIX.
- Un feixe de peques arqueólogos en Brandomil.
- Agosto 21: A Fundación Brandomil comeza unha intervención arqueolóxica para redescubrir o asentamento romano.
- "A Brandomil Romana", unha exposición sobre o Patrimonio Cultural de Brandomil
- O documental sobre Brandomil encheu de historia o Museo do Pobo Galego.
- As catas arqueolóxicas confirman a existencia dunha gran vía empedrada en Brandomil.
- A veciñanza rescata a súa historia nas presentación das guías de Brandomil e do río do Porto.