Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Un feixe de peques arqueólogos en Brandomil

Arqueologos en Brandomil
Verónica guiou a viaxe histórica por Brandomil
Un feixe de peques arqueólogos en Brandomil

Fantástico obradoiro de arqueoloxía para cativ@s o que artellou o Concello de Zas, coa colaboración da Fundación Brandomil, este pasado sábado. Unha vintena de rapaces e rapazas da comarca (moitos de Zas, pero tamén de Vimianzo, Cabana, Ponteceso…) achegáronse ata a ponte para disfrutar dunha espectacular viaxe no tempo.

Da man da dinamizadora municipal Verónica, o arqueólogo Martín e Enrique, membro da Fundación, a rapazada comezou a viaxe atravesando a ponte “romana”, e rodeando o alto parapeto do castro.

Dende aí, os peques visitaron o pequeno museo que ten preparada a Fundación a carón da Igrexa, onde recollen pezas de cerámica (tégula) atopadas durante as últimas excavacións e mesmo unha representación dunha pedra fúnebre milenaria que a Fundación non é quen de atopar, dende que marchara a unha exposición en Santiago.

A excursión continuou pola Via Per Loca Marítima, onde Martín, arqueólogo de Rois que participou en varias excavacións na zona, explicou como atoparon a existencia desta histórica Vía, que unía Braga con Lugo, e que permitía ás tropas romanas trasladarse pola xeografía galega. Unha vía que foi utilizada ata os tempos do Wolfram, e que a Fundación quere recuperar.

Obradoiro de Arqueoloxia en Brandomil

Xa de volta, ao carón do río Xallas, o Obradoiro remataba con dúas actividades singulares. Primeiro, un experimento de cata arqueolóxica, na que os cativos tiveron que ir quitando capas de terra ata atopar unhas tégulas e mesmo un tesouro. E para rematar, unha sesión con barro para facer cadansúa obra.

Unha fantástica viaxe que lles permitiu coñecer de preto como traballan os arqueólogos, e que nos deixa claro o inmenso e variado legado histórico que hai embaixo das rúas de Brandomil.

Martin na Via Per Loca Maritima en Brandomil

RELACIONADOS

Comentarios