venres. 08.11.2024
El tiempo

Máis de 4.700 persoas gozaron das marabillas das Torres do Allo durante o verán

Os quinquillans a alma das Torres do Allo
As visitas teatralizadas dOs Quinquilláns, a alma das Torres do Allo
Máis de 4.700 persoas gozaron das marabillas das Torres do Allo durante o verán

As Torres do Allo despídese unha vez máis, un verán cheo de actividades. Ao longo destes meses máis de 4.700 persoas visitaron o pazo máis antigo de Galicia para informarse da súa historia e de disfrutar do día con actividades organizadas polo Concello de Zas e a Deputación de A Coruña.

Xornadas do lino nas Torres do Allo
As Xornadas do liño celebradas a pasada semana

Actividades como as sesións de contos nas Torres con Caxoto e onde se compartiron historias con moito humor e agarimo; a regueifa con Lupe Blanco e Suso de Xornes, o concerto de Tania Caamaño con Andrés Boutureira, a nova exposición Terra de Pazos, campamentos urbanos e a Romería de San Ramón; a última xornada de reflexión sobre o presente e o futuro do liño; os campamentos urbanos no que participaron máis de 100 nenos e nenas; ou a romería de San Ramón nos que se brindaron as actuacións de Ailá e Paco Nogueiras.

Tamén tiveron gran éxito actividades cheas de misterio como xogo de escapismo “Matanza no Allo” e a “búsqueda do tesouro”, pero a alma do pazo son as visitas guiadas teatralizadas dos Quinquilláns que representaron a Francisca Riobóo e a Víctor López Seoane que compartiron cos labregos e labregas a historia do pazo, os costumes, tradicións e tamén as preocupacións do seu tempo.

Público familiar

Tania Carreira dando obradoiros nas Torres do Allo
Tania Carreira dando obradoiros nas Torres do Allo

A procedencia do público no verán estivo repartida entre as persoas que se achegaron do propio concello de Zas co 28,34%, que participaron de maneira moi activa nas diferentes actividades ofertadas.; as persoas do resto do estado español co 26,48%, seguido das chegadas do resto de Galicia co 17,01%, ambos cun forte compoñente vacacional e turístico.

Sobre a tipoloxía dos visitantes o pazo confírmase como un destino familiar ao supoñer este tipo de público o 42,86% do total, seguido das parellas co 34,01%. Por último tamén tiveron relevancia os grupos organizados que supuxeron un 16,10%.

Caxoto nas Torres do Allo
Caxoto cos seus contacontos

Novo horario

As Torres do Allo despídese do verán e volve co horario de tempada baixa, o pazo abrirá os sábados, domingos e festivos de 11:00 a 19:00 horas. Realizarase máis actividades que se irán informando nas redes sociais de Facebook e Instagram @torresdoallo.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios