Sábado. 04.05.2024
El tiempo

María Solar puxo o broche de ouro ao Mes do Libro do IES de Baio

Maria Solar no IES de Baio
María Solar puxo o broche de ouro ao Mes do Libro do IES de Baio

Esta semana, foi María Solar a que puxo o broche final ao V Mes do Libro do IES Maximino Romero de Lema, un mes de achegas e de recoñecemento por parte de figuras
destacadas da literatura galega. María Canosa, Rocío LeiraMaría Rei e Antón Cortizas foron algunhas das escritoras que compartiron as súas historias co privilexiado alumnado baiés.

Maria Solar no IES de Baio 2

As alumnas Marina e Ainara presentaron a autora que comezou agradecendo o entusiasmo co que Marta Nantón, a coordinadora da Biblioteca, a convidou ao Centro,
feito que derivou na súa aceptación a pesar da súa apertada axenda.
A escritora amosou a súa especial ilusión xa que era a primeira vez que se encontraba con alumnado interesado e coñecedor da súa trama para falar de A Culpa. Un libro que supuxo moito esforzo creativo e intelectual, esforzo correspondido co seu éxito.

María Solar desvelou aspectos relacionados coa escrita do libro: como tiña o argumento completo na cabeza antes de poñerse a escribilo; como se documentou sobre
determinados aspectos técnicos relacionados coa trama; que historias quería contar; como evolucionan as personaxes principais e a relación tóxica entre elas.... Fixo unha reflexión sobre as culpas que se reflicten, sobre as diferentes formas de amor... e sinalou a dificultades que teñen nas librerías para encadralo nun xénero concreto (obra literaria, novela negra, thriller...).

Un encontro literario que rematou coa entrega dun agasallo, e coa sinatura de exemplares. Algúns dos asistentes aproveitaron para sacar fotos coa autora.

Maria Solar

Comentarios