Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Anorthosis colle ritmo e pensa no ascenso

O Anorthosis colle ritmo e pensa no ascenso
Os Xogadores do Anorthosis manteñen o segundo posto

Volvía a competición o tenis de mesa tras case un mes de parón. E o facía con resultados alternos, con boas e malas novas. En 2ª galega outra vez unha de cal e outra de area, desta volta co Anorthosis traendo as boas novas. Unha vitoria que lles dá ás para pensar no ascenso, mentres que o Aquacénit, malia manterse arriba, terá que remar algo máis se quere ter miras alas.

Mentres, en 3ª, o Concello de Zas O PPinar traía unha vitoria e unha derrota da súa visita a Oroso.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Liceo Noia "B" (5-2).
  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Liceo Noia "B" (3-4).

Desta vez foi o Anorthosis Vimianzo o que gañou claramente aos do Liceo Noia "B" con moi bos partidos tanto de Roi e Marce, como de Ángel (este con fiebre), e que só cederon ante Rubén Somoza nos individuais.
Con esta vitoria achéganse ao 2º posto da táboa clasificatoria, nun grupo moi igualado, e con miras ao ascenso. Bueno, hai que ter en conta que só acabou a primeira volta, terán que seguir nesta liña para conquerilo.

Pola outra banda, a de area douna o Concello de Zas Aquacenit xa que non foi quen de superar aos mesmos do Liceo Noia "B",desta vez Stevo perdeu os dous individuais, (no último gañaba 2-0 e 8-4 no 3º set) e foi determinante na derrota pois perdeuse a característica do equipo onde cada xogador puntuaba para a vitoria. Con esto seguen no grupo de cabeza, pero con máis obrigas de gañar para estar arriba. Na 2ª volta terán que apretar máis.

3ª División Galega, Grupo Noroeste

  • Resultado: Oroso Trastes - Concello Zas O Pinar (2-5).
  • Resultado: Oroso Peluquería Tije - Concello Zas O Pinar (7-0).

En 3ª galega desprazouse o Concello de Zas O Pinar ata Oroso nun domingo frio pero coa fortuna de que no local de Oroso teñen calefaccion. Os resultados normais, habida conta que polos de Zas debutaban Raúl López, Ana García e Marta Costa; e cada un dles conqueriu a vitoria no seu debut (eso non o poden decir todos) e así conqueriron a vitoria ante os tamén principiantes do Oroso Trastes. No outro encontro normal o seu desenlace ante os xa máis veteranos de Oroso.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Nota de prensa da A.D. Anorthosis Vimianzo, da man de Estevo Lema.

Comentarios