Sábado. 20.07.2019
El tiempo

A sesión vermú-mexilloada da Carballeira, en clave de foliada

A sesión vermú do sábado da Carballeira será en clave de foliada
A sesión vermú do sábado da Carballeira será en clave de foliada
A sesión vermú-mexilloada da Carballeira, en clave de foliada

Xa vibra a carballeira de Velar, o auditorio natural máis máxico de Galicia, á espera do venres 2 de agosto. Será cando empece o completo programa da Festa da Carballeira, que nesta 36ª edición xuntará tradición e vangarda con grandes nomes da música tradicional e folk.

Un dos momentos máis esperados, despois da esperada noite de venres coa participación especial de Susana Seivane, será a sesión vermú sabatina, onde a organización repartirá 300 kilos de mexillóns de balde, aderezados cun vermú de orixe galega, cuxa receita se elaborou no ano 1940.

Animarán a sesión vermú as actuacións dos galegos Os Farrapos, que repiten outro ano, os irlandeses Fourth Moon, Vudú que coa súa música pretenden reivindicar a música tradicional galega e a regueifa entre Lupe Blanco e Alba María.

A tarde está ademais pensada para o desfrute de maiores e pequenos, que contará tamén cun espazo lúdico infantil e feira de artesanía e coa participación do escultor Marcos Mariño, que volverá ofrecer un espectáculo de talla con motoserra, tras o éxito do ano pasado.

Pero isto só é o comezo da xornada que seguirá pola noite coa fusión máxica entre a música máis tradicional galega con Tanxuguerias, as influencias escocesas de Tide Lines e Korrontizi que traerán o seu folk tradicional vasco. O festival rematará co orixinal proxecto de Baiuca e a súa mestura entre a tradición galega e a electrónica.

Todo no marco desta Festa da Carballeira máis solidaria que nunca.

Novas relacionadas

Crónicas da Carballeira

Comentarios