Todos os domingos de xullo e agosto, visitas teatralizadas nas Torres do Allo
14:00 04/07/19
Este verán, ademais de ter as portas abertas todos os días, as Torres do Allo terán interesantísimas visitas teatralizadas.
Francisca de Riobóo e Víctor López Seoane percorrerán de novo o pazo das Torres do Allo, nterpretados por Tero Rodríguez e Lucho Penabade integrantes dos Quinquilláns. As citas desenvolvenrase todos domingos de xullo e agosto ás 19:30 horas.
O acceso é libre e de balde polo que non precisa reserva previa.