O Delegado do Goberno recoñece a importancia extraordinaria do patrimonio cultural de Brandomil
07:51 18/10/24
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, recibiu onte a visita de Enrique Eduardo Iglesias, secretario xeral da Fundación Brandomil, e Juan Carlos Ramos, membro do Patronato. Á reunión asistiu tamén, de xeito telemático, o presidente da Fundación Brandomil, José Pérez Santos.
Unha cita na que os membros da Fundación trasladaron ao Delegado os proxectos "de moi importante relevancia para Brandomil, para todo o municipio de Zas e tamén para Galicia, pois traen ata a actualidade o noso pasado romano e fano accesible para todo o mundo".
Blanco recoñeceu a importancia extraordinária do patrimonio cultural de Brandomil e deixou claro que ese patrimonio cultural pode, e debe, servir para favorecer o desarrollo da comarca da Costa da Morte.