Sábado. 14.09.2024
El tiempo

Iniciada a IV fase das escavacións na Pedra do Altar de Brandomil

Lino Gorgoso na excavacion arqueoloxica da Pedra do Altar de brandomil
Lino Gorgoso con Lolo Muíño na excavaciónarqueolóxica da Pedra do Altar
Iniciada a IV fase das escavacións na Pedra do Altar de Brandomil

Continúa o Concello de Zas e a Fundación Brandomil rescatando a historia da Pedra do Altar. Baixo a dirección de Lino Gorgoso, un equipo de arqueólogos están estes días a realizar os traballos correspondentes á IV Fase deste ambicioso proxecto que pon de relevancia a importancia que tivo o lugar durante a época romana.

Son moitos os veciños e veciñas, así como turistas, os que se achegan estes días ata a zona para observar o avance dos traballos, dos que as primeiras impresións desta fase son moi positivas. Tal e como sinalan os expertos, o obxectivo é ampliar e delimitar a domus romana, de enormes proporcións, identificada nas escavacións que se levaron a cabo o verán pasado. Ao mesmo tempo, nesta fase tamén está previsto decapar toda a superficie da finca da Pedra do Altar, facer a consolidación dos muros e secuenciar as dúas vías romanas atopadas nos últimos anos.

Plano aereo da Pedra do Altar de Brandomil
Plano aereo da Pedra do Altar de Brandomil

Saca peito o Goberno do BNG de Zas sobre o seu compromiso para co patrimonio, sumando esta actuación aos case 100.000 euros investidos coas arcas municipais nas diferentes actuacións realizadas nos últimos anos co fin de conservar, protexer e poñer en valor a riqueza arqueolóxica de Brandomil.
Entre os principais achádegos destas intervencións están un tramo do Camiño Real que unía Negreira con Muxía, e que está situado áo carón da ponte vella; xunto coas importantes estructuras que se están a descubrir na Pedra do Altar que segundo as probas de Carbono-14 corresponden ao século I e comezos do II da nosa Era.

Máis novas de Brandomil

Comentarios