Venres. 26.04.2024
El tiempo

Zas quece motores para a Carballeira cunha completa Semana Cultural

Semana Cultural Zas 2019
Semana Cultural Zas 2019
Zas quece motores para a Carballeira cunha completa Semana Cultural

Para quecer motores para a gran Festa da Carballeira, Zas ponse en marcha, un ano máis coa Semana Cultural. Este domingo abría o telón o grupo Sen Tempo Teatro da Escola Municipal de Teatro para Adultos do Concello de Zas coa súa obra “Cartos non hai”. E a partir de hoxe, e ata o sábado, unha marea de actividades gratuítas para todas as idades e para todos os públicos.

Hoxe luns, 29 de xullo, arranca de cheo a programación que se desenvolverá principalmente no Centro Sociocultural de Zas.

A primeira das presentacións chega en clave feminina e vén da man da autora baiesa Carmen Valiña co seu libro “Emigración na Comarca de Soneira”. A cita é luns, 29 de xullo, ás 19:00 horas e, a continuación, o alumnado do CPI de Zas presentarán os seus traballos “Feminismo é Igualdade” e “Adolescentes en rebeldía”.

O mércores, 31 de xullo, haberá unha nova presentación literaria a cargo do físico, tamén baiés, Jorge Mira. “Stephen Hawking. Unha breve historia do tempo” é o título do libro traducido por el mesmo.

Mofa e Befa, Oswaldo Digón e Malasombra Teatro tamén visitarán Zas durante a Semana Cultural para traer algúns dos seus mellores espectáculos dirixidos principalmente ao público adulto.

Programa Semana Cultural Zas 2019

Roteiros

O patrimonio terá un protagonismo especial dentro Semana Cultural e será a través das dúas rutas guiadas. O primeiro dos roteiros realizarase a tarde do martes, 30 de xullo, e coa visita á carballeira de Baio, Pedra Vixía e as Torres do Allo, coas explicacións de Xosé María Lema.

E xa o mércores, día 31, ás 22:00 horas será de novo Jorge Mira quen nos guíe “Unha ollada ao firmamento” que realizaremos dende a Arca da Piosa. Para participar en calquera das dúas rutas é necesario anotarse previamente no propio Centro Sociocultural de Zas ou a través do número de teléfono 981 751 398.

Exposicións

Tamén como vén sendo habitual, o Centro Sociocultural de Zas acolle durante este días diferentes exposicións que se poden visitar de balde. Así, as distintas aulas acollerán unha mostra sobre o traxe tradicional da Terra de Soneira, os traballos realizados polo alumnado cos cursos municipais de calceta, bordado e macramé e unha selección de elementos relacionados coas diferentes edicións da Festa da Carballeira.

Festa da Carballeira

A programación da Semana Cultural pecharase o coa XXXVI edición da Festa da Carballeira na que contarán cunha gran mexilloada e sesión vermú, e dun festival con artistas de primeiro nivel nacional e internacional como Susana Seivane, Tanxugueiras, Korrontzi, Celtic Social Club,…

Novas relacionadas

Crónicas da Carballeira

Comentarios