Imprimir

Case 200 recompensas aos que vitaminaron o galego e un festival pola lingua

que pasa na costa | 09 de marzo de 2012

A campaña de apoio aos medios en galego comeza esta semana unha segunda fase. Como seguinte paso, “Vitaminas para o Galego” está a traballar para organizar un festival artístico o próximo 27 de abril en Santiago de Compostela. O cartel do próximo festival en Compostela no están aínda pechado, pero pola de agora está confirmada a actuación da banda punk de Muros Terbutalina no centro social a Gentalha do Pichel.

Campaña de micromecenas

Ademais, “Vitaminas para o Galego” xa enviou nesta semana as recompensas aos 197 mecenas que aportaron en total 6.830 euros na primeira fase a través de internet, duplicando as expectativas de recadación. Aló van as chapas, os calendarios e os paraugas de todos os que colaborastes coa causa. Agradecemos que haia varias apostas dende a Costa da Morte, focalizando en Corcubión, Vimianzo, Muros, Cee e Carballo, pero ao tempo lamentamos que non houbese unha maior implicación dende outros puntos da bisbarra. Estes son os nomes dos contribuidores que aceptaron publicar o seu apoio aos medios en galego:
  • Sabela Romar. Xornalista. Corcubión.
  • Pérez Castreje, Manuel J.. Quenxe. Corcubión.
  • Chus Barbeira. Vimianzo..
  • Farinós López, Xosé Ramón. Muros.
  • Sontiña. Cee.
  • Taberna O Patacón. Carballo.
  • Sala A Reserva. Carballo.
  • Algueirada S.L. Arteixo.
  • Estación Atlántica. MªJosé Barreiro. Barcelona.
  • Aira das Letras. Allariz.
  • Silvia Orge. Soutomaior.
  • Xurxo Mariño. Santiago de Compostela.
  • Sistemas de Enxeñería Ambiental. Moaña.
  • Marcos Melendez Alonso. Ramirás.
  • Manuel María Valcárcel Rodriguez. Barcelona.
  • Suso Rubio. Valadouro.
  • Marcos Melendez Alonso. Ramirás. Ourense.
  • Redenasa. Santiago de Compostela.
  • Xabier González Torre. Ames.
  • Carme Hermida. Teo.
  • Ledicia Trillo. Fene.
  • Ovidio Aldegunde. Mugardos.
  • Arias Rei, María Xesús. Fene.
  • Barrufet, Pere. Barcelona.
  • Blanco Para, Adrian. Santiago de Compostela.
  • Brocos Fernández, Maria Pilar. Santiago de Compostela.
  • Calvo Pita, Jesus. As Pontes.
  • Carballido Presas, Xose. Ourense.
  • Cea, Socorro. Melide.
  • Costas, Henrique. Vigo.
  • Cuba, Judit. Santiago de Compostela.
  • Estevez López, José. Lugo.
  • Garaloces, Javier. Vigo.
  • García Vázquez, Loreto. Santiago de Compostela.
  • González Torre, Xabier. Vigo.
  • González-Manso, Xosé Maria. A Coruña.
  • Libraría Aira das Letras. Allariz.
  • Lopez Perez, Lucia Flora. A Guarda.
  • Lorenzo Penela, Francisco Xavier. Ames.
  • Louzao Outeiro, Miguel. Santiago de Compostela.
  • Mariño, Xurxo. A Coruña.
  • Meira Cabanelas, Tomé. Barcelona.
  • Melendez Alonso, Marcos. Ramirás.
  • Mosquera Carregal, Xesus M. Melide.
  • Orge, Silvia. Soutomaior.
  • Patas de peixe, editora. Vigo.
  • Pérez Lijó, Joao Manuel. Santiago de Compostela.
  • Piñeiro Diaz, Ildefonso. Chantada.
  • Portela Barreiro, Margarita. Teo.
  • Prado Ocampo, Antela (5 anos). Ourense.
  • Raña Lama, Paz. Vigo.
  • Reimondez, Maria. Vigo .
  • Rial Pérez, Xosé. Combarro. Poio.
  • Rivas Alvarez, Manuel. Sarria .
  • Rodriguez Otero, Begoña. Vigo.
  • Rodriguez Rodriguez, Anair. Gondomar.
  • Rubio, Suso. Valadouro.
  • Salgueiro Salgueiro, Rosa. Santiago de Compostela.
  • Senra Gómez, Oscar. Santiago de Compostela.
  • Sistemas de Enxeñeria Ambiental. Moaña.
  • Tabernero, Antón. Calo (Teo).
  • Torre Martins, Xesus Manuel. Vigo.
  • Trillo Gonzalez, Ledicia. Fene.
  • Valcarcel Rodriguez, Manuel María. Barcelona.
  • Vila López, Mario. Dozón.
  • Vilela Lopez, Bruno. A Coruña.
Os medios de comunicación que colaboran en Vitaminas para o Galego agradecen publicamente o apoio destas persoas e colectivos que contribuíron a través da plataforma de financiamento social en liña Verkami, traducida ao galego para esta ocasión polo diario dixital Que pasa na Costa. Todos os beneficios das súas contribucións están destinados a financiar a propia campaña e ao mantemento económico das cabeceiras colaboradoras.

23 cabeceiras

A campaña "Vitaminas para o Galego" está artellada polos medios de comunicación: a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión, Tempos Novos, Que Pasa na Costa, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza, Val Miñor.Info e Praza Pública; ademais dos medios colaboradores Terracha Xa, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras, Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia, Radio Nordés (Cadena Ser-Costa da Morte), Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf www.surfgz.com, Cadernos de Comunicación e Analise, "Hermes e Atenea" (xornal de deporte e cultura), Disquecool, o medio de tendenciasmade in Galicia, .De Luns a Venres; Cabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello, Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira Dixital e o programa radiofónico Plástico Elástico.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cultura/case-200-recompensas-aos-que-vitaminaron-o-galego-e-un-festival-pola-lingua/20120309090038069969.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia