Imprimir

O EDM Ponteceso e o EFM Vimianzo fixeron un gran papel nos Provinciais de FS

que pasa na costa | 13 de maio de 2019

EDM Ponteceso proclamouse campión provincial de FS Alevín
EDM Ponteceso proclamouse campión provincial de FS Alevín

Coincidindo, lamentablemente, coa fase final da Copa da Costa F8 que se disputaba nas Redondas, EDM Ponteceso e EFM Vimianzo disputaban en Noia a Fase Final do Campionato Provincial de Fútbol Sala. Tras quedar campións das ligas costeiras e da fase intercomarcal, os equipos de Paco e Barca acodían a esta cita (tiñan que deixar de ir á Copa) con toda a ilusión.

E gran papel realizaron os nosos. Os alevíns do EDM Ponteceso proclamábanse brillantes campións provinciais tras vencer en semis 5-3 ao Compañía de María e na final ao Pontecesures por un apretado e vibrante 6-5, tras unha espectacular remontada pois ao descanso os de Barca e Remedios Varela, a técnico de Deportes do concello, ían perdendo 1-5.

Os peques do EFM Vimianzo vencían en semis ao Frades, por un rotundo 6-3, pero pola tarde caían na final ante o Ames por 6-3, quedando tamén nun espectacular 2º posto provincial.

EFM VImianzo subcampion Provincial de FS
O EFM Vimianzo foi subcampion Provincial de FS

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/edm-ponteceso-efm-vimianzo-fixeron-gran-papel-nos-provinciais-fs/20190513113055109596.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA