Imprimir

As familias de Zas volven quedar sen pediatra sen previo aviso

que pasa na costa | 10 de maio de 2019

Establecimentos de Zas co cartel da Plataforma Zas sen recortes en Pediatria
Establecimentos de Zas co cartel da Plataforma Zas sen recortes en Pediatria

Xoves, luns, e máis o vindeiro día 29, as familias de Zas volven quedar sen pediatra. ASí, sen previo aviso, e sen que Luís Verdes, Xerente da Área Sanitaria da Coruña, lle coña o teléfono o alcalde de Zas. Así o contan dende a Plataforma Zas sen recortes en Pediatría e tamén dende o goberno municipal, unha vez que o alcalde se intentou poñer en contacto coa Xerencia para pedir os motivos da cancelación das citas no servizo de pediatría, pero obtivo o silencio por resposta.

Estes feitos obrigan ás familias a recorrer ao servizo de urxencias para solucionar unha consulta propia da atención primaria colapsando así as urxencias e tendo que desprazarse a outros centros de saúde.

Hoxe, o Concello vai repsentar unha reclamación no Sergas – Servizo Galego de Saúde – para trasladarlle, por unha parte, o malestar da nosa veciñanza e, por outra, para solicitar que de unha vez por todas se devolva a atención 35 horas á semana (e non 15 como hai dende o pasado verán).

Mentres, a Plataforma continúa con novas iniciativas, como a de colocar carteis por todos os establecimentos.

Novas relacionadas

Máis novas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/zas/familias-zas-volven-quedar-pediatra-previo-aviso/20190510101917109502.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA