Imprimir

A nova pérgola da Fervenza do Ézaro xa ten orzamento

que pasa na costa | 16 de maio de 2019

A nova pérgola acristalada substituirá á de madeira que está na antesala da fervenza do Ézaro
A nova pérgola acristalada substituirá á de madeira que está na antesala da fervenza do Ézaro

Mentres as obras da nova pasarela de acesso peonil á fervenza do Ézaro avanzan a bo ritmo, apurando ao máximo posible para intentar acabar o máis pronto posible (que collan parte do verán é imposible de evitar), a zona afronta xa un novo proxecto.

Obras da pasarela da cascada do ezaro-Foto-Jorge Castro
As obras da pasarela avanzan a bo ritmo-Foto-Jorge Castro

Xa o pasado mes de decembro anunciabamos a construción dunha pérgola na zona, proxecto que vén de ser asinado entre Concello e Deputación para ordenar os servizos dun lugar cada vez máis famoso.

”A idea é darlle un contorno máis acorde, facer unha ordenación dos servizos un lugar onde cada día chega máis xente”, explican fontes municipais. Este mesmo mércores, un día de semana, 3 autobuses enchían a zona.

Con esa intención vaise construír unha pérgola acristalada e vaise ordenar a instalación de casetas prefabricadas na antesala da Fervenza, para que todos os postos teñan un estilo homoxéneo. A ubicación exacta é onde agora mesmo hai unha estrutura de madeira, que será demolida para construír a nova, na zona de céspede que ao carón da oficina de turismo, ou da pista de paddle, concretamente onde agora

”O presente proxecto servirá para transformar a zona nun área de esparexemento, descanso e ocio desde a que se poderá contemplar a beleza da zona mentres se fai uso dos establecementos situados nas diferentes casetas prefabricadas que se instalarán”, sinalan dende a Deputación.

O proxecto conta cun orzamento total de 405.490 euros, dos que o 80%, 324.392,19 euros chegan por parte do ente provincial, incluído no POS+ 2019.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/dumbria/nova-pergola-da-fervenza-do-ezaro-xa-ten-orzamento/20190516130124109768.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA