Venres. 29.03.2024
El tiempo

Os colaboradores de QPC tomaron a palabra

Os colaboradores de QPC tomaron a palabra

Precisamente para iso, para agradecervos a vosa desinteresada colaboración, o equipo de QPC e Galinus, cada día máis grande como a comunidade QPC, organizaba o II Encontro de Colaboradores de Quepasanacosta. I é que son as vosas fotos, os vosos apuntamentos, as vosas correccións, as vosas exclusivas, as que fan posible que este diario dixital poida chegar a mil recunchos da Costa da Morte para levarvos día a día toda a actualidade da bisbarra a máis de 3.000 casas.

Este pasado sábado, o Restaurante Praia de Quenxe corcubionés, acollía esta xuntanza, que servía para agracedervos toda a vosa axuda, e para poñernos cara os uns aos outros, sempre conectados a través da completa rede submariña da Costa da Morte.

I é que o sentido do diario segue presente. Dende Sofán a Outes facendo e vertebrando a bisbarra, e o facemos de varios xeitos: a través do fútbol da Costa, a través dos nosos columnistas, a través da música, da cultura...

Moi gratificante ver a boa resposta dos nosos máis de 100 colaboradores. I é que 80 puideron achegarse a Corcubión dende lugares tan dispares como Sofán, Outes, Cerqueda, Muxía, Vimianzo, Cee... Outros avisaron que non se podían achegar, pero saben que o agradecemento tamén é extensible a eles, e que entre todos estamos facendo que o Xornalismo Cidadán non sexa unha utopía.

Mil xeitos de colaborar

O redactor Ubaldo Cerqueiro foi o encargado, tralo esperado photocall (tendes a galería completa no Facebook de QPC), de abrir o acto. Comezou lembrando o crecemento continuo do diario nos seus 4 anos de vida. Non só no seu equipo (xa son 12 persoas as vencelladas directamenta ao diario coas incorporacións de Galinus, con compañeiros da empresa Tesla, e a comercial María Alcalde.
O crecemento tamén se pode palpar no mundo, xa que podemos comprobar que temos visitas dende Hong Kong, o Cabo Norte ou Los Ángeles. Ademais, dende hai pouco tamén chegamos ademais ata a Barbanza a través do diario Certo e a todo país con Galicia Confidencial.

Tras enviar un guiños aos colaboradores de QPC MOTOR, falamos das mamas de Salvacadelos, as heroínas da Clínica Veterinaria Argos de Cee.

E de aí ao repaso a todos os colaboradores e os diferentes tipos de colaboracións. Dende os columnistas, por suposto (xa máis de 30), ao que manda o resultado do partido nun sms, a quen chama cando hai un accidente, aos que nos envían fotos dos partidos, vídeos de natureza... e mesmo aos nosos especiais "correctores de Word"... Un luxo e unha necesidade, pois se todas estas colaboracións o diario non estaría completo.

A voz para os colaboradores

E como non podía ser doutro xeito, foron varios dos colaboradores máis importantes do diario os tomaron a palabra. Nun ton moi emotivo e con claro sabor a conciencia social, José Luís Louzán con máis de 162 columnas ás súas costas (e esperemos que algunha máis caia...) tomou a palabra. Louzán explicou que o normal é non estar dacordo sempre, pero que o feito de ter unha ferramenta de unión social como QPC, fai bisbarra.

Un inciso de ironía

Mellor velos que falalos. Impresionante a actuación dos Míchel e Damián da A.X. Cherinkas, de Vimianzo, que fixeron as risas dos asistentes falando en clave de Costa da Morte e a súa gheada e seseo, así como un repaso futboleiro.

En nome do fútbol da Costa

Manolo Varela (Óscar Santos non se atreve a falar en público malia ser a meirande referencia do fútbol costeiro) tomou a palabra en nome do fútbol da Costa. Varela, co seu bon falar, apuntou a importancia de QPC para a unidade do mundo futbolístico, e así o ratifica precisamente o feito de que dende Sofán xa coñecen a boa parte do plantel do Outes.
Varela destacou os detalles do día a día entre o equipo de QPC e a familia futboleira, e de como nas tardes de domingo un bico pode ser roubado por un resultado.

Non foi outro que Manolín (para que presentalo), o que puxo o broche de ouro ao Encontro. Manolín é un gran amigo da familia Galinus, e recoñece que el ten contratado internet só para entrar en QPC. Con emoción, coma sempre, rematou cun par de citas que fixeron que os asistentes romperan cun aplauso.

Un sorteo con AViajes

Pero antes de dar paso aos pinchos (nun momento onde a avalancha humana case engule ao presentador), tivo lugar o sorteo dunha noite no Hotel Spa Katisuka de Silleda que sorteaba a empresa curmá de QPC Aviajes. A man do "inocente" Javi Mos sacou a papeleta, e foi a columnista Susana Alvite a premiada.

Noraboa para ela, un millón de gracias a AViajes, a todos os que deixastes de ver ao Madrid por achegarvos a Corcubión e a todos os que facedes posible que sigamos sendo a referencia informativa da Costa da Morte.

Máis información

Novas relacionadas

Servizos QPC

Fonte

Comentarios