Venres. 19.04.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: A Furna do Osmo

Recunchos da Costa-A Furna do Osmo-Corme
Recunchos da Costa: A Furna do Osmo

Esta semana achegámonos ao concello de Ponteceso, máis concretamente a activa vila de Corme. E por certo, que bonito é chegar dende Baio e ver a ensenada de Ponteceso, con ese monte de area entre mar e mar. Pero centrémonos en Corme.

Trátase dunha pequena vila de 1.000 habitantes, na que hai 11 bares, e onde o mar é o verdadeiro protagonista. Polo seu porto, e a súa tradición mariñeira e marisqueira. Así o refrenda o percebe do Roncudo, o Rei do Marisco e a súa Festa do Percebe é unha das citas obrigadas do verán da Costa da Morte.

Praia do Osmo de Corme-Ao fondo a furna
Ao fondo da praia, atópase a furna do Osmo

No extremo sur da vila, e unida por un pequeno paseo marítimo, atopamos a pequena praia do Osmo, que tiña unha antiga fábrica de salazón detrás, agora convertida casa particular en primeirísima liña, escoltada, dende hai poucos anos, por un mar de novos edificions de apartamentos.

Un pequeno bosque de piñeiros mantén a praia resgardada do asfalto. Ao final da praia atopamos a preciosa Furna do Osmo. Un espazo protexido, cun alo de maxia arredor, onde, segundo a lenda, os “Encantos”, uns seres altos e nocturnos, saen ao mundo exterior a nos quitaren o espirito,.

Durante moitos anos a Furna foi un inmellorable escenario para o pequeno e simbólico festival da Noite dos Encantos. Enfronte da furna está a Illa da Estrella.

Furna do Osmo-Foto-Ceosgalegos
Furna do Osmo-Foto-Ceosgalegos

A furna do Osmo dende dentroA Furna do Osmo-en CormeA furna do Osmo dende arribaIncrustacions nas rochas da Furna do Osmo

Como chegar

Na entrada á vila de Corme, a praia do Osmo queda xusto embaixo dos novos edificios de apartamentos turísticos. Precisamente podes aparcar no novo aparcadoiro que hai embaixo dos edificios, ou na mesma estrada principal antes de facer o doble xiro de entrada á Rúa Arnela, a rúa principal.
A furna queda da parte máis ao sur da praia, polo que compre atravesala pola area e saltar, cando a marea está alta, un pequeno regatiño.

 

Novas relacionadas

RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios