Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Recunchos da Costa: O hórreo de Lira

Recunchos da Costa- Horreo de Lira
Recunchos da Costa: O hórreo de Lira

Seguro que a día de hoxe aínda te preguntas cal é o horreo máis longo de Galicia?. Pero non, non é o de Lira, nin o de Carnota. O máis longo de Galicia está en Araño, no concello de Rianxo, se ben os hórreos carnotáns completan o podio.

O de Lira mide 36,53 metros, medio metro menos que o da Barbanza, e polos 34,74 metros do de Carnota. En canto aos pés, ambos contan con 22 pares de pés.

Os dous hórreos son do chamado estilo de Noia, que abrangue dende a ría de Arousa ata o Xallas, e como sabemos, servían para almacenar o millo. O de Lira foi construído entre 1779 e 1814. O de Carnota é algo máis vello (foi feito entre 1763 e 1783), pero 11 pares de pés son produto dunha ampliación posterior.

O singular pombal e a Igrexa de Santa María de Lira (séc. XVII) completan o complexo, aderezado por unhas vistas impresionantes do Atlántico, do Monte Pindo, da praia de Carnota e a insunuante silueta de Fisterra á fronte.

Horrel de Lira Recuncho da CostaPes do Horreo de LiraIgrexa e Pombal no Horrel de Lira

Como chegar

Novas relacionadas

RECUNCHOS DA COSTA

Comentarios