Venres. 26.04.2024
El tiempo

Rescatados os tres tripulantes dunha embarcación que sufríu un incendio preto do Cabo Vilán

A Salvamar Altair traendo aos marineiros do Loly II ao porto de Camarinas
A Salvamar Altair traendo aos mariñeiros rescatados do Loly II ao porto de Camariñas-Foto-Jose Campaña
Rescatados os tres tripulantes dunha embarcación que sufríu un incendio preto do Cabo Vilán

A embarcación As Barquiñas rescatou este mediodía (pasadas as 14:00h) de xoves rescatou, sans e salvos, aos tres tripulantes doutra embarcación que ía ás pedras por un problema mecánico, a uns 20 metros do Cabo Vilán, na punta Pedrosa.

Era a Loly II, que pouco despois de que os tripulantes saltasen ás pedras, sufría un incendio.

Mentres a embarcación As Barquiñas acodía ao lugar e rescataba das pedras aos tripulantes.

Un particular alertaba ao 112, que mobilizaba a Salvamento Marítimo, Garda Civil, Protección Civil e Urxencias Sanitarias. Ata o lugar achegábase a Salvamar Altair, con base en Camariñas, que recollía aos rescatados da outra embarcación e os trasladaba ao Porto de Camariñas, sen que fose necesaria a asistencia sanitaria.

A embarcación, duns 6 metros de eslora, acabou de afundirse ás 15:00h.

A Salvamar Altair no Cabo Vilan-Foto-Campana

Novas relacionadas

Comentarios