Imprimir

Vakuna Malata

Xabier García Lema | Morteño da Costa con ganas de darlle alma a Vida, animal salvaxe e vexetal silvestre, empadroado nos Penedos, sen granxa e sen capar.

Xabier García Lema | 13 de xaneiro de 2021

Razoa e deixa vivir, ningunha pandemia debería facernos diso desistir.

Manadas de mangas arremangándose para loitar pola vacina obrigatoria, ombreiros que antes empurraban pola censura informativa, organismos modificados xeneticamente que defenden a globalización do virus transxénico para acadar a inmunidade, os OMX da OMS. As vacinas de comercio obrigado poden axudar ao individuo a preparar o seu organismo para loitar contra posibles efectos adversos que xenere dentro del a covid pero non deteñen a transmisión, esta afirmación foi feita por empresas comercializadoras de vacinas. As consideracións máis positivas do seu efecto é conseguir unha inmunidade ao virus a través de diferentes respostas fisiolóxicas nos individuos, hipótesis sin estudos nin aval, ao contrario. Esas afirmacións diferencian a unha persoa que pasara pola covid dunha persoa que pase pola vacina nun paso menos agresivo polo trago viral para persoas susceptibles de maior afectación sintomatolóxica. O escenario máis positivo e idílico da campaña da vacina comercializada plantexa unha inmunidade de grupo post-vacina non conseguida entre os que xa loitaron co seu sistema inmunolóxico contra a enfermidade. Polo tanto o pinchazo pode chegar a ser beneficioso ou perxudicial individualmente como un exercicio físico de fortalezemento das propias defensas para afrontar un enfrontamento interno contra a covid, elección sobre o teu corpo que plantexan obrigada sin crear ningún novo esceario post na transmisión e eludindo falar das cepas mutantes que invalidan vacinas de virus menos agresivos ... por que?

pharmaceutical

Neste estraño plan o protocolo para frear a pandemia ten por base continuar coa ocultación de contaxios e engadir denunciar aos invacunados. Ilóxico, a non ser que a finalidade do contaxio global os cubra con beneficios axenos a nosa saúde dando sentido a prácticas irracionais non viables sen un comportamento de rabaño e leis que protexan a censura informativa encadeadas a unha maquinaria propagandista continuada.

esclavos da TV

Anuncios, programas, películas e series protocolizando a importancia de vacinarse e xerando odio sobre os que ... por opoñerse son “insolidarios” ao por en risco aos demais? Algo que non pasaba cos positivos de covid pero si cos negativos en vacina? Un cambio de camisa que non combina. Tal é a hipnose irracional alimentada por protocolos televisivos que aínda afirmando a empresa comercializadora da vacina Pfizer que esta non frea a transmisión, foméntase odio e rencor contra toda “insolidaria” que non se queira vacinar. Debera ser unha opción persoal, priorizada para persoas con maior risco na batalla contra o covid que queiran preparar o seu corpo exercitando o seu sistema inmunolóxico cunha aceptación individual dos supostos beneficios sanitarios publicitados sen necesidade de proclamar a “yihad” da dictadura celular. Ou é necesario prohibir informar e prohibir razoar como preparación para a inxección?

Os cartos silencian

O Organismo Mundial da Saúde dixo non as máscaras e cando o cargamento estaba preparado para a súa venda chamaron ao seu obrigado uso por lei alertando con lixeireza do pouco recomendable uso das máscaras caseiras con filtro, mellor as de papel. Curioso comportamento, os que manexan información confidencial danse conta a cando os que van pescar da temperatura do mar? Sembran moitos apuros comerciais e moi poucos apuros sanitarios dun organismo cuio maior interese debería ser a investigación e información sanitaria. Agora a OMS alerta da necesidade de consumir os produtos manufacturados das vacinas, as que non frean o contaxio, voltando a preparar o terreo para a lexislación que veñen avanzando dende hai meses con multas para “egoístas” que non ofrezan sumisamente os seus ombreiros para a causa; coa actual imposición empresarial que condicionan os salarios a aceptar ser pinchado sen máis aval que poder seguir temporalmente contratado. Esto sucédese a publicidade sentimental da vacina da cepa inicial nas anciás das residencias, persoas de maior risco na batalla física contra a covid sí, pero un argumento tan válido agora como nos últimos 300 días no que as residencias foron olvidadas sen pcrs, sen epis, sen protocolos e coa prohibición de investigar nas residencias afectadas. Prohiben investigar os “solidarios” da “yihad” celular ofertándonos a salvación espiritual no silencio de xeonllos?

Hai case un ano alertábase do poder innatural de mutación do virus transxénico, novas cepas das que alertan coa boca pechada onde aínda hai poucas e pechan fronteiras onde hai dabondas. Aquí cada semana saen en portada coma heroes os viaxeiros que atravesan centos de fronteiras, confirmando a ausencia de controis; ao pasar a páxina denunciase o aumento de contaxios polos “incívicos” cidadáns que non respetan os límites municipais. Na televisión os mesmos indignados que berran pola falta de transparencia na herdanza da Pantoja manteñen a boca pechada ante a falta de transparencia das mortes e contaxios da covid. Os oradores teatrais, futuros asesores da enerxía mundial, non dan un chío para esixir información do virus da pandemia global, non protestan nen denuncian que China, Rusia ou EEUU persigan e encarcelen persoas que tentan informar a sociedade.

A primera que dou a voz de alerta foi unha periodista china, muller sentenciada a 4 anos de cárcere por “insolidaria”, unha “nazi” cuia vida non parece importar a ninguén cando ela puxo a de todos por encima da súa; a ninguén estrañará que non saia con vida da cárcere, unha historia futura pra ler no semanal? Ese non é interese de ningún dos obispos dos dereitos humanos nin dos curas da constitución que asinan cos carceleiros contratos millonarios por pcrs fraudulentas e por mascaras transparentes minusvalorando ás do territorio.

Sobre o papel no goberno están os máis preparados, sobre os sillóns están as que mellor patean a pelota, os que saen máis juapos de perfil, as de pico fino no atril e boca pechada na militancia, a élite do sistema da mentira. E tendo sobradas probas de que a constitución e os dereitos humanos son dúas capas para un papel co que tentan ter o cú agusto e sen irritacións, ofrecemos a alma en bandexa de prata a eses que esperan un novo contrato co selo de calidade do mercado chino para engrandecer o patrimonio, a eses aos que non importa a vida de Zhang Zhan mais si a das presas vascas e venezolanas para o coidado hemorroidal? En tal ruindade manteñen con comodidade baixo os seus pés ao mundo aproveitando a inanición dos soldados laborales co chip programado do narcotizado asalariado que con toda tranquilidade fan asumir durante 300 días protocolos que con total seguridade non limitan a expansión do covid. En todo o ano pasado o servizo sanitario español rexistrou 4 casos de gripe, dato que aporta funcionalidade ao uso da máscara contra un virus de parecido comportamento, eso decían, os contaxios de covid suben sen demora, feito do que acusan ao mal uso da máscara os que aseguran que a vacina da gripe debe actualizarse coas novas cepas para ser viable... en que quedamos? Usámola máscara ben coa gripe pero cando atopamos a covid poñémola debaixo do nariz? As vacinas do covid non seguen ningún proceso lóxico nen natural? Certamente hai moitas persoas co narís por termómetro ou conducindo a soas coa máscara ben posta para logo quitala no bar, lugares aos que se culpa dunha distancia de seguridade da que se exculpa ao supermercado. Hai numerosos estudos que demostran a transmisión da covid polo aire, particularmente nos lugares pechados, pero non parecen de interese para os dictadores da información que recomendan de refilón aos colexios que abran as ventás, para todos os demais mastercard.

Na cea de fin de ano falamos na mesa da ola de frío que ía vir para o día de reis e días posteriores, non somos gurús climáticos, só miramos nunha aplicación gratuita os datos. No xardín de infancia da moncloa onde cursan o fp de asesores empresarias os “representantes” cidadáns decretaron a alarma unha vez pasada a tormenta... ese é un aval para confiar entregar a Vida? Poderían mirar o tempo de cando en vez e ler os estudos publicados sobre o covid no canto de só ler contratos coa mascara por encima do nariz. Despois de carnavais comezarán os problemas coas riadas con canles atoradas, e non son pitoniso. Ao longo de todo un ano tiveron tempo de firmar mil e un contratos millonarios por pseudoprodutos de dudosa viabilidade mentres se queixaban da falta de transparencia na herdanza monárquica, pero non houbo un só día para esixir transparencia no caso poltergeist do virus mutante. Tampouco tiveron nin teñen a ben pedir explicacións polas detencións das persoas que tentan informar sobre a covid, nin do borrado de artigos, investigacións, publicacións ... shhh! Spoiler a Netflix? Todo isto representa un comportamento irracional que dez anos atrás moitas verían máis afín ás organizacións mafiosas que ás organizacións democráticas. Non esconden a persecución co garrote a toda persoa que se saia do renglón da dictadura lexislada e non mostran rubor pola censura democrática os mesmos que mostraban indignación pola lei mordaza, e da igual o ollo con que mires o mesmo prisma cambiado de man, é unha mentira global e agora o lobo xa non precisa a pel de ovella, quizais por iso se delimita coa brocha gorda unha liña entre soldados e coroneis na guerra encuberta co circo ambulante conectado sen descanso.

break-through

Cambiamos de calendario e a “loita” contra o virus transxénico mantén unha base que non semella acertada, sen desculpas nen aceptación de erros non albiscaremos ningún cambio máis aló dunha ola que sen a táboa da humildade acabe sendo un tsunami dificilmente surfeable que deixe a todos calados e tremelicando ante a programación episcopal, pois non presenta no presente unha sociedade madureza cando o seu razoamento ten como único argumento “e que os demáis tamén o fan”. Tendo o suposto de China como o país con maior información sobre a covid, o que máis tempo o leva combatindo e vacinando, como explicar que nesta pasada semana confinara unha cidade de 11 milllóns de habitantes ao superarse os 100 casos e teñamos 150 en Vimianzo. Imítase a China na desinformación, na dictadura e na imposición do silencio coa unión de diferentes países na censura da realidade coviral e no enreixado dos que tentan razoar sobre a realidade da infección globalizada que curiosamente non leva consigo unha investigación e información globalizada ... só compartimos o mal? Tan ilegal é razoar hoxe sobre a obriga a vacinarse como foi durante anos denunciar a privatización de plantas e medicinas naturais, outrora sagradas, e o espallamento de transxénicos, sendo hoxe gran parte da natureza propiedade de empresas farmacéuticas, lexisladoras dende hai anos dos gobernos, faltas ti. O desexo material enfermizo polo que a xente ten a testa gacha e a boca pechada mentres reciba o seu diñeiro é o caldo de cultivo da pandemia, a base da propragación do virus transxénico, con que intención? Cambiar a programación mental humana facendoa máis rápida e accesible? Non sei, pero a vacina“Moderna” ante o recelo das inxectadas afirmou: “as nosas vacinas non inxectan o virus da covid atenuado ou desactivado, senon instrucións xenéticas para que o organismo responda”. Quizais ti sexas o 5G, pero máis aló dos quizais a realidade é que xa vai sendo hora de que razoemos no presente que nos rodea e non só adiquemos o pensamento ao mundo virtual que o condena.

Vakuna malata, vive sen mentir, ♪
Vakuna malata, razoa e sé feliz, ♫
que ningunha empresa impoña a covid, ♪
se máis áxil e muta o teu porvir!
Vakuna malata! ♬

Vakuna malata? Sí, é o noso bicho, que bicho? O común e repartido por capricho. Bueno chico, con outro pico resolverémolos problemas neno! Vakuna malata, razoa na loita contra o covid.

music-is-medicine
Music is medicine

  • Xabier García Lema. Morteño da Costa con ganas de darlle alma a Vida, animal salvaxe e vexetal silvestre, empadroado nos Penedos, sen granxa e sen capar.

Artigos relacionados

 

Outros artigos de Xabier García Lema.

Podes ver este artigo na próxima dirección /opinion/xabier-garcia-lema/vakuna-malata/20210113121339124387.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia