Luns. 20.05.2024
El tiempo

Copa Xuvenil: Os penaltis, e os porteiros, deciden

Copa Xuvenil: Os penaltis, e os porteiros, deciden
Benjamin das Pedreiras Dario do Cabana e Hugo do Muxia Benjamín, porteiro das Pedreiras, o cabanés Darío e o muxián Hugo, foron os protagonistas dos Oitavos da Copa da Costa Xuvenil Mais Deporte, a tenda de Deportes de Cee Máis Deporte, a tenda de Deportes de Cee, patrocina as Ligas Xuvenís Ata 3 eliminatorias decidíanse á lotería dos penaltis nos Oitavos da CopadaCosta Xuvenil. Uns Oitavos a partido único e que non teñen prórroga (só se daría na final), decisións federativas que permitiron vivir unha xornada ben bonita. Unha ocasión para que se luzan os Benjamín, Hugo ou Darío, eses sempre silenciados porteiros que esta fin de semana foron os protagonistas. Xa saben que cada sábado actualizados o cadro nada máis rematar os partidos en www.copadacosta.com (teñen unha pestana xusto debaixo do cadro principal)  

Coristanco - Cabana* (2-2)

  • Coristanco: Alberto, Cristian, Esteban, Álvaro, Sergio, Braián, Alex, Carlos, Iván, Jose e Castro. Tamén: RR, Dani, Iago, Anido e Varela.
  • Cabana: Darío, Nando, Manuel, López, Ferreiro, Breo, Julián, Simón, Castro, Alberto e Jose Ángel. Tamén: Valenciano, David, Kevin, Yago, e Roberto.
  • Goles: 1-0, m.33: Braian de cabeza; 2-0, m.47: Anido de cabeza; 2-1, m.50: Diego Castro presiona e marca parando o despexe do porteiro; 2-2, m.70: Julián de falta.
  • Penaltis: 0-3.
Boa demostración do que é un partido copeiro. Tivo de todo o partido da Rocheira, un choque que ten un nome propio, o porteiro cabanés Darío. Non só parou 3 penaltis na tanda decisiva, senón que foi o santo, o muro, a alma, o artífice do pase a pesar de que o seu equipo xogara con 2 homes menos durante unha parte enteira, parándoo o todo. Foi un partido de tolos, con dous equipos moi peleóns. O Coristanco saía decidido, pero a intensidade era máxima por ambos lados. O Coristanco empezaba a facerse co partido chegando con claridade, e poñendo xa a traballar a Darío, que paraba todo. Á media hora conseguía, tras varios remates, abrir o marcador o cadro local. Un minuto despois o Cabana sufría a primeira expulsión, moi protestada, de José Angel. Parecía que cousa se puña moi copsta arriba para o Cabana, sobre todo despois de fallar un penalti e de acabar a primeira metade cunha nova expulsión, neste caso de Alberto. Arrincaba a segunda e Anido marcaba o segundo para os verdes. Pero lonxe de marchar do partido, o que sería o normal nun equipo con 9, dous abaixo e con 45 minutos por diante, o Cabana veuse arriba. Tirou de garra o equipo de Fernando. Así o demostrou a pelexa do cadete Diego Castro para roubarlle o balón ao porteiro e recurtar distancias, facendo crer na remontada aos seus. O Coristanco seguía dominando territorialmente pero o Cabana esperaba a súa ocasión. E tívoa e non a desperdiciou. Unha falta ao borde da área que Julián clavaba pola escuadra. Aínda quedaba algo de tempo, e o Coristanco volcouse sobre a área rival, na que estaba… si… Darío, parándoo todo, e mandando o partido á lotaría dos penaltis. Aí foi cando volveu aparecer o heroe do choque, un Darío que non vai esquecer esta eliminatoria, e do que xa avisan que é o mellor porteiro da categoría. [fbvideo link="https://www.facebook.com/cabana.soc.dep/videos/777759115732752/" width="800" height="400" onlyvideo="1"]  

Sofán - Corme (0-5)

  • Goles: Samu (3), Manu Tasende e Aitor.
Partido de clara superioridade azulona no Carral, ante un Sofán que nunca estivo á altura para pelexar o partido. Sofan-Corme de Copa Xuvenil-Foto-Fin Lema Foto-Fin Lema Sofan-Corme de Copa Xuvenil-Foto-Fin Lema Foto-Fin Lema

Ponteceso - Esteirana (3-1)

  • Ponteceso:Víctir, Brais Ceán, Iván Cousillas, Samuel, Jorge, Ismail, Eloy, Luca, Iván Rodríguez, Aday e Aarón. Tamén: Carlos, Damián, Lucas, Pop e Arturo.
  • Esteirana: Alex de Yi; Rodri (Carlos), David Pais, Álex de Dina, David de Noia; Pachín (Farinós), Xian, Rubén, Carajillo; Benji e Íker
  • Goles: 1-0, m.54: Iván Rodríguez; 2-0, m.75: Aarón; 2-1, m.76: Íker; 3-1, m.89: Lucas.
11 do Ponteceso Xuvenil 11 do Ponteceso Xuvenil Partido dominando polos locais, pero ante unha Esteirana que sempre estivo metido no partido ata o último minuto. Bo partido o vivido na tarde do sábado, moito máis igualado do que a priori se presupoñía, dada a trexectoria de ambos conxuntos ó longo da tempada. Comezaba o partido baixo o guión previsto, con dominio do Ponteceso e a Esteirana replegada, tentando de cazar algunha contra coa que crear perigo. E así chegaba a primeira gran ocasión da tarde, Benji rouba un balón en campo local, Pachín mete un bo pase entre os centrais deixando a Íker man a man con Víctor, saíndo victorioso o gardamallas pontecesán. Arredor do cuarto de hora de encontro, o adestrador local realiza un cambio de posición entre xogadores, chave no devir do encontro, colocando a Aarón no medio do campo, aportando moito máis dinamismo e profundidade ó xogo pontecesán. De aquí ó descanso o Ponteceso encerrou á Esteirana, que se defendía con moito orde, contrarrestando o ataque local. Dispuxo o Ponteceso dunha boa ocasión para marchar con vantaxa cara os vestiarios, pero o disparo de Eloy tras unha boa xogada personal, marhou lambendo a escadra. Á volta do descanso, o Ponteceso impuxo unha marcha máis, creando moitos apuros na defensa visitante, tendo varias chegadas claras ante a meta de Álex. Nun balón longo, David Pais erra no despexe, quedándolle o balón a Iván, que bate por alto a Álex ante a súa saída. A partir de aquí a Esteirana estirou liñas tentando atopar o empate, feito que lle valeu ó Ponteceso para atopar máis ocos, dispoñendo de varias ocasións para pechar o partido. Dispuxo de dúas ocasións claras para poñer o 2-0 no marcador, pero sendos remates de cabeza atoparon con Álex de Yi, que respostou con dúas grandes intervencións. A falla dun cuarto de hora, unha chegada por banda dereita do Ponteceso, acaba cun remate na área que responde Álex, pero o rexeite cae nos pés de Aarón que marca a pracer. Lonxe de darse por vencida a Esteirana, reducía distancias ó minuto seguinte. Un balón longo de Carlos, é aproveitado por Íker para batir a Víctor de vaselina trala súa saída. Nos últimos minutos o encontro volveuse un "correcalles", sen ningún control, coa Esteirana buscando o empate e o Ponteceso tentando pechalo partido. No desconto, unha dura entrada de David Pais, deixaba con 10 ós visitantes, e Lucas anotaba o terceiro para o Ponteceso xusto antes do pitido final. Eliminatoria na que o Ponteceso fixo valer a súa condición de favorito, non sen moito traballo, ante unha Esteirana moi seria.  

Fisterra - Muxía* (0-0)

  • Fisterra: Aarón, Papin, Cesar, Andres, Cristopher, Manuel, Dani, Golpes, Pichino, Asier(Ezequiel ) Aaron (Jorge).
  • Muxía: Hugo, Rodri, Marce, Gusa, Borja, Tomás, Toja, Vilela, Mario, Xan e Josiño.
  • Goles: 3-4 nos penaltis.
Partido igualado o que se viviu en Ara Solis, cun Muxía que saía mellor posicionado en defensa, ante un Fisterra que intentaba crear xogo, pero non era quen de superar a boa liañ defensiva prantexada por Luís Romaní. Non había grandes ocasións e apenas unha contra de Xan na primeira e un paradón de Hugo a unha chegada local puñan o “uiii” nas bancadas. A segunda xogouse case integra no campo dun Muxía xa moi canso para saír á contra, pero o Fisterra non tiña profundidade. Na tanda de penaltis, o heroe foi Hugo, o porteiro muxián, que parou o penalti decisivo a un Manuel que se atreveu a tiralo ao Panenka.  

Xallas - Laxe (7-1)

  • Xallas: Hadrián, Héitor (Raúl), Pablo, Martin, Peke, Carlos (Juanjo), Fran (Alberto), Manu (Brais),Chiki (Rachón), Riero e Grille.
  • Laxe: Íñigo, Valentín, Bruno, Manu Cousillas, Kike, Santi, Samuel, Alex, Álvaro, Bieito e Miguel. Tamén: Iván.
  • Goles: 1-0: Rieiro (descanso); 2-0: Alberto; 3-0: Pablo: 4-0: Grille, 5-0: Rachón; 5-1: Manu Cousillas; 6-1: Raúl, 7-1: Rieiro.
Saíu demasiado confiado o Xallas ante un Laxe que propuxo unha primeira parte moi seria e incluso chegou a dominar por momentos aínda que non creou demasiado perigo. O Xallas sen facer demasiado púxose por diante cun gol de Riero o borde do descanso. Saíu con outra actitude o Xallas na segunda, e o Laxe baixou físicamente e en 20min poñiase 5-0. Recortou o Laxe nunha falta lateral. Ata o final faría dous máis o Xallas.  

Os Miúdos - Cee (2-4)

  • Os Miúdos: Tony, Pipo (Bruno), Anxo, Alberto, Gael, José, Flavio, Tajes, Riomao, Xavi e Javi Sieira (Alex).
  • Cee: Carlos, Brais Lagoa, Rubén Senlle, Hugo, Chema, Castillo, Isma Márquez, Jon, Isma, Samu e Pablo. Tamén: Xabi, Xavi, Adri e José Carlos.
  • Goles: 0-1, m.34: Samu; 1-1, m.42: Xavi; 1-2, m.44: Isma; 2-2, m.50: Flavio de penalti; 2-3, m.88: Chema tras un saque rápido dunha falta; 2-4, m.80: Rubén Senlle pola escuadra.
Xuvenis do Cee en Muros Xuvenís do Cee en Muros Volvía o Cee ao único campo no que se deixara puntos na primeira fase, para disputar un partido tremendamente vivido que se só se resolvíu nos últimos instantes matendo a emoción ata o final. O equipo de Manu Camello, con problemas de efectivos toda a campaña, competiu contra un dos potentes da categoría, e aguantou 88 minutos metido no partido. Antes adiantárase en dúas ocasións o equipo de Carlos Pazos. Na segunda metade houbo ocasións para os dous equipos, e ambos puideron ter pasado a eliminatoria. Pero foi o Cee, con dous goles xa case que no desconto o que pasa a eliminatoria.  

Baio - Outes (2-1)

  • Baio: Julián, Iago, Javi Muíño, Gavín, Sergio Antelo, Souto, Mohedano, Miguel, Estefan, Regueira e Luís Eiroa. Tamén: Manu Leal, Fuentes, Damián, Manu Cedrón e Santi Moreira.
  • Outes: Adrián, Álvaro (Ryan), Gorgal, Joel, Alberto, Saúl, Jose, Adán, Simón, Serxio e Fabio (Fran).
  • Goles: 1-0, m.13: Estefan; 2-0, m.66: Luís Eiroa; 2-1, m.88: Simón de penalti.
Superou o Baio a un Outes que non apareceu na primeira metade. Comezou o Baio mandando no xogo e no marcador, tendo ocasións para ampliar a vantaxe coa que se chegou ao descanso. Mellorou o cadro da Serra na segunda metade, obrigando a Julián a lucirse en varias ocasións. Estirábase máis o equipo visitante pero nunha contra Luís Eiroa ampliaba a renda para os de Fermín. Intentou recurtar para meterse no partido o Outes pero só case que co tempo cumplido Simón marcou dende os 11 metros xa case sen tempo para empatar.  

Montelouro - As Pedreiras* (1-1)

  • Montelouro: Xaco, Javi, Antonio, Sergio, José, Adri, Joaquín, Airam, Bertín, Xandre e Juan de Celia. Tamén xogou: Alexis.
  • As Pedreiras: Benjamín, Fidalgo, Eloy, Dani Cotelo, Aarón, Iván, Alex Cotelo, Verdes, Ángel, Brais Cancela, Yago. Tamén: Alberto e Diego Vázquez.
  • Goles: 1-0, m.73: Juan de Celia; 1-1, m.83: Brais Cancela de penalti.
  • Penaltis: 3-4.
Benjanmín foi o heroe do partido parando dous penaltis na tanda, tras un partido bastante tosco, sen demasiada intensidade no que mereceu gañar o cadro local ante un excesivamente relaxado campión de Liga. O Montelouro, con moitas baixas, saíu ben armado atrás, e conseguían sacar boas contras aprioveitando a velocidade de Juan de Celia e Xandre. Tamén o cadro visitante tiña as súas e mesmo mandaban un balón á madeira. Na segunda os de Óscar Leis percutían constantemente pero Benjamín xa sabía que este podía ser o seu día. Non puido evitar o tanto de Juan de Celia, pero pouco despois empataba de penalti o cadro carballés. Aínda quedaba unha, un gol anulado por fóra de xogo dos loureáns xa co tempo cumplido. Nos penaltis tamén houbo emoción ata o final, e tamén o Montelouro desaproveitou a ocasión de meterse nun 5º penalti que paraba Benjamín. Na morte súbita, non fallou o cadro carballés e o si o local.  

Novas relacionadas

Crónicas das Ligas Xuvenís

 

Máis información

Comentarios