Xoves. 30.05.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Proxección pola Emerxencia Climática en Corcubión

27/set./2019
21:00 h
Praza de Castelao
Unha das imaxes das manifestacions por todo o mundo ante a Emerxencia Climatica
Proxección pola Emerxencia Climática en Corcubión

Dentro da ”Semana de folga global polo clima”, Boca de Sapo, comunidade ecosocial e cultural con base en Corcubión, quere desenvolver unha serie de accións tanto no eido escolar, como fixeron no mes de maio, como no eido social.

Por unha banda, co obxectivo de axudar a dinamizar o debate sobre a urxencia climática dentro da comunidade escolar teñen habilitado un repositorio audiovisual que alberga 150 imaxes das manifestacións e accións que se están levando a cabo durante esta semana nas distintas partes do mundo. Este repositorio de imaxes móstrase mediante un proxector na biblioteca do CEIP Praia de Quenxe en horario escolar desde o luns 23 ata o venres 27.
Durante os recreos permanece aberto e dispoñible ao alumnado e un profesor/a do centro garda o lugar e atende as preguntas e dúbidas do alumnado. Os e as docentes que así o desexan visitan a biblioteca para mostrar o material ao alumnado e debater con eles e elas a problemática ante a que nos atopamos.

Proxección pública

Doutra banda, co obxectivo de dar visibilidade a estas movilizaciones globais e xerar conciencia e debate tamén entre os veciños e veciñas de Corcubión programouse unha proxección pública deste repositorio de imaxes na praza principal da vila, Praza de Castelao, o venres 27 ás 21:00h. Algúns dos membros da comunidade Boca de Sapo estarán dispoñibles para conversar, debater e responder ás preguntas e cuestións dos veciños e veciñas.

Ademais, María Bella, membro da comunidade ecosocial publicou un artigo de reflexión no diario digital QPC suxerindo camiños polo cambio.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Comentarios