O Manuela Rial, o Muxía e o Fisterra, campións das LCFS


Chegaron as grandes finais, a gran festa do pequeFútbol da Costa! O Pavillón do Conco, en Dumbría, ateigado de pais volcados cos seus cativos, acollía as finais das Ligas Comarcais de Fútbol Sala LCFS, que organiza o Club Deportivo Costa da Morte. Chegaba cun favorito, un Fisterra que se colaba nas 3 finais, demostrando que a canteira é de raza.
Pero os resultados foron dispares, e tempos un campión por categorías: O Manuela Rial en Alevíns, o Muxía en Benxamíns e o Fisterra en Infantís.
Categoría Alevín

Enfrontábanse o C. Fisterra e o Manuela Rial de Cee, e a cousa estivo apretada. Acabou vencendo o cadro ceense, que dirixe Isma Leis, por un apretadísimo 3-4, gracias as tantos de Adrián Sambade, Xabi García (2) e Dani González. Por bando fisterrán de pouco valeu o triplete de Iván Escarís, que deixou ao equipo de Fran ao fío do empate.

Categoría Benxamín

O campión foi o C. Muxía de Fran Toba, que tamén lle gañou ao Fisterra por 4-2. Javier Vilela (2), Lucía Canosa e Mohamed Fall marcaron para os muxiáns, mentres só Martín Canosa e Ángel Martín o fixeron para os fisterráns
Aquí vemos aos campións celebrando a vitoria.
Categoría Infantil

Si gañou o Fisterra en Infantís, ás Baleas por 6-4. Foi un partido vibrante, con moitos goles. Por bando fisterrán destacou o goleador Diego Estévez, que fixo 3 tantos, polos 2 de Ezequiel Martínez e o de Ángel Vigo. Os goleadores camariñáns foron Fran Moreira (2), Lucas Dios e Hugo.
Crónicas das LCFs
- O Fisterra métese nas 3 finais das LCFS.
- O Fisterra arrasa nas LCFS e parte como favorito para as semis
- Os peques do LCFs chegan ás semis.
- Xa roda o balón nas mixtas LCFs.
- Arrincan as mixtas LCFs.
- 2013/2014: Un repaso ás finais das LCFs Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).