Domingo. 19.05.2024
El tiempo
Abraham Trillo
07:28
06/05/24

No Tan Gotán

No Tan Gotán

- Daniel Vigiletti, duermes?

Vigiletti, Daniel, lagarto antiguo e xoven que busca o canto e toca a guitarra ao sol, a choiva, a sangue e ao pobo, ten nome de Papa recén morto.

- Daniel Viglietti, duermes?

Coa cabeza chea de Uruguay, chea de cancións, chea do viño de onte e de X, entro na eirexa para adiviñar en que perna lle puxeron o cilicio esta vez a nena. Pero isto non é dodado porque, os santos, co asombro da cera e o morbo da piedade na cara, non din nada e ela non coxea. Aprendeu da súa nai, opudeísta de pro, a non se queixar. Con todo isto na cabeza, digo, paseo por rúas vulgares de lugares importantes que non coñezo, e vou a mercados locais cando facer a compra convírtese nun acto revolucionario.

- Daniel Viglietti, duermes?

O teu pobo segue a esperar un último concerto.
Ao enterarse de que xa se acabou- se é que lle da tempo a enterarse- , cando lle avisan de que vai morrer, por exemplo – si é que non o fai antes de que o avisen-, un conta sempre- coma se non o rematara de crer ou como se a cousa non fora con el- con que haberá tempo para algún algo máis: unha ultima caña, un último libro, unha última tarde de pesca, un último amor... Finou a avoa pero aínda agardamos a que volva, unha vez máis, para darnos un bico, unha rosquilla, ou cincuenta euros.

- Daniel Viglietti, duermes?
Daniel Viglietti mortus est. “Pero el tango, corte y hacha, no acabó”.

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO

Comentarios