A colección de ouverivería da Fundación (IV): A Decoración da Capela (III)
- Vén de A Decoración da Capela (II).

Ademais das pinturas murais, das que xa falamos nun artigo anterior, os responsables da Fundación encargaron un total de 8 lenzos, de temática relixiosa, para completala decoración da capela.
Seis son obra de Francisco Díaz Carreño, pintor nacido en Sevilla en 1836, que realizou a súa formación artística na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, converténdose en discípulo de Federico de Madrazo. Pensionado en Roma no 1862 pola raíña Isabel II, obtivo ó seu regreso varias recompensas nas Exposicións Nacionais de Belas Artes de 1864 e 1868, e sobre todo na de 1871, na que obtivo grande éxito. Foi profesor de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Madrid. Coma pintor é coñecido, sobre todo, polas súas obras históricas, as súas copias de cadros clásicos con destino a coleccionistas europeos, e pola realización de retratos de integrantes das elites madrileñas.
Entre os anos 1889 e 1891, Díaz Carreño realizou 6 cadros para a Fundación Fernando Blanco de Lema.
O primeiro deles representa a San Xosé co Neno. Mide 1,24 x 0,64 m. A figura de San Xose aparece sentada en sillón con dosel adornado de galóns laterais, a man esquerda apoiada no peito e a dereita abrazando ó Neno á altura da cintura. O Neno, de pe, á dereita do Santo, en animado coloquio co Patriarca. A ambos lados do asiento, búcaros con azucenas e enredadeira que enmarca o respaldo. Destacan a perfección do debuxo e a expresividade das figuras.


Outro de San Luís Gonzaga, patrón da xuventude, de 1,23 x 0,89 m. O Santo, inclinado en contemplación do Crucifixo que toma delicadamente entre as súas mans. De frente, un libro aberto sobre unha mesa presidida por unha calavera.
O terceiro recolle a representación da miragreira aparición da Virxe de Lourdes na forma tradicional. A figura da Virxe, en plano supeior, coas mans unidas en actitude de oración; a de Bernardette, de pe, coa cabeza levantada, alargando hacia á Virxe as súas mans, das que colga un rosario.
Hai outro da Virxe do Rosario co Neno. A Nai, sentada, abraza tenramente ó Neno nú que, apoiado o corpo e a cara nos de María, alarga un dos seus brazos sobre o peito da Virxe. Neno e Nai teñen entrelazado entre as súas mans un rosario. Este cadro é unha copia do de Bartolomé Esteban Murilla que se atopa no Museo do Prado.

Ademais Francisco Díaz Carreño pintou para a entidade ceense outros dous óleos, ambos tamén copias de dúas obras excepcionais da historia da pintura en España (o Cristo cruficado de Diego Velázquez e a Inmaculada Concepción de Bartolomé Esteban Murillo). Son cadros de gran formato posto que miden ambos 2,24 x 1,45 m.


Aínda que o cadro da Inmaculada está sin asinar, podemos afirmar que é da súa autoría posto que nas contas da Fundación do ano 1889, aparecen tres anotacións que din: “Enero 17, a D. Franco. Díaz Carreño, a c/ del cuadro de la Concepción para el Colegio, 750 ptas”; “Marzo 9, a D. Franco. Díaz Carreño, por el resto del importe del cuadro de la Concepción que ha pintado para el Colegio, 750 ptas”; “Julio 4, a Carreño, por el marco del cuadro de la Concepción, 190 ptas”.
Rematamos este artigo cunha serie de citas extraídas das memorias de distintos cursos do instituto ceense, e que fan alusión ós cadros anteriormente relacionados:
“La hermosa capilla ha sido enriquecida con un magnífico lienzo de la Purísima Concepción, copia de la del célebre Murillo”.
José García Rúa. Profesor e Secretario do Colexio-Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema. Memoria do Curso 1888-89.
“La hermosa capilla dedicada al culto divino ha sido enriquecida con un magnífico lienzo en donde se encuentra una hermosísima imagen de Jesús crucificado, copia de la de Velázquez”.
José García Rúa. Profesor e Secretario do Colexio-Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema. Memoria do Curso 1889-90.
“A la artística colección de cuadros que este Colegio posee de Madrazo y Carreño, se agregaron otros dos lienzos de este último autor, representando uno la milagrosa Aparición de la Virgen Santísima en la Gruta de Lourdes, y el otro al Patriarca San José; siendo destinado el primero á la escuela de niñas, en donde le cubre magnífico dosel, y el otro á la hermosa Capilla de este Establecimiento, en cuyas paredes se cuentan hoy cinco bellísimos cuadros, dos de ellos de grandes dimensiones”.
Pío Casais Canosa. Profesor e Director do Colexio-Instituto da Fundación Fernando Blanco de Lema. Memoria do Curso 1890-91.
(...)
- Darío Areas Domínguez, Coordinador do Museo Fernando Blanco e Secretario da Fundación.
Tesouros Ocultos da Fundación
- Introdución.
- A colección de ouverivería da Fundación (I).
- A colección de ouverivería da Fundación (II): A Decoración da Capela (I).
- A colección de ouverivería da Fundación (III): A Decoración da Capela (II).
Novas da Fundación
- A música pechou un mes de Cultura na Fundación Fernando Blanco.
- Os alumnos de Cee disfrutan da ciencia e dos contos no Mes da Fundación.
- Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación.
- Rosalía e Jorge Mira comparten tesouros con Fernando Blanco.
- Cee descobre os Tesouros Ocultos de Fernando Blanco.
- A Fundación amosa os seus Tesouros Ocultos.
Artigos sobre Fernando Blanco de Lema
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
Outros artigos de Darío Areas
Tesouros da Fundación
- Hemisferios de Magdeburgo, 13 Xul 2012
- Balanza Hidrostática, 03 Xul 2012
- Tetarodon testudineus (Peixe Globo), 27 Xuñ 2012
- Caliza con Ammoniteds Nodotianus, 20 Xuñ 2012
- Aparello de Silberman, 12 Xuñ 2012
- Home clásico, 04 Xuñ 2012
- Custodia, 30 Mai 2012
- Barómetro de Fortin, 23 Mai 2012
- Placa conmemorativa, 16 Mai 2012
- Albarelo, 09 Mai 2012
- Manómetro de Bourdon, 02 Mai 2012
- Pirómetro de Cadrante, 24 Abr 2012
- Marmita de Papin, 18 Abr 2012
- Máquina eléctrica Mixta de Carré, 11 Abr 2012
- Pila en columna de Volta, 03 Abr 2012
- Bomba Aspirante-Impelente, 28 Mar 2012
- Aparello de Nollet, 21 Mar 2012
- Máquina pneumática, 14 Mar 2012
- Atril de Altar, 07 Mar 2012
- Lámpada de Berzelius, 29 Feb 2012
- Modelo de aventadora, 22 Feb 2012
- Ganímedes, 13 Feb 2012
- Máquina de escribir Underwood nº5, 08 Feb 2012
- Harmonium Mustel, 01 Feb 2012
- Aparato de Kipp, 25 Xan 2012
- Papoula Silvestre, 18 Xan 2012
- Máquina de vapor de Watt, 11 Xan 2012
- Gravado “La Virgen del pez”, 03 Xan 2012
- Fonógrafo, 23 Dec 2011
- Centrífuga con accesorios, 21 Dec 2011
- Cristo Crucificado (óleo), 04 Dec 2011
- Fol acústico de 8 tubos, 26 Out 2011
- Máquina eléctrica de Ramsden, 19 Out 2011
- Capela da Fundación, 13 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco, 08 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador, 06 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee, 01 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I), 29 Set 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento, 29 Set 2011
- O Argonauta, 26 Set 2011
- Monumento adicado a D. Fernando Blanco de Lema, 21 Set 2011
- O piano vertical Rönisch, 14 Set 2011
- Lanterna Máxica, 07 Set 2011
- Modelo da Locomotora Crampton, 31 Ago 2011
- Abeto grego, 24 Ago 2011
- Óleo de Fernando Blanco de Lema, 23 Xul 2011
- Cámara escura fotográfica, 23 Xul 2011
- Gramófono, 23 Xul 2011
- Telégrafo de Morse, 23 Xul 2011
- Esquema Orográfico e Hidrográfico de Galicia, 20 Xul 2011
- O primeiro teléfono de Cee, 13 Xul 2011
- Presentación dos Tesouros da Fundación Fernando Blanco de Lema, 06 Xul 2011
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).