A colección de ouverivería da Fundación (I)
A grandes rasgos poderíase denominar a ourivería como a arte de traballar os metais preciosos para facer xoias, obxectos de adorno ou de culto, útiles para as casas nobres, etc. A súa correspondencia en castelán sería “orfebrería”, palabra de procede do latín “auri” (ouro) e “faber” (fabricador).
A maior parte da colección de ourivería da Fundación Fernando Blanco foi mercada, a finais do século XIX, no prestixioso obradoiro madrileño da familia Meneses.
Comezaremos pois, por coñecer a historia desta acreditada familia de douradores e prateadores.
Histora da Pratería Meneses


Leoncio Meneses naceu en Villamuriel de Cerrato (Palencia) no ano 1816.
Os seus primeiros contactos co mundo da ourivería proceden da súa estancia en Xibraltar (1843), onde tivo que refuxiarse logo de acompañar ó Xeneral Espartero ata o Puerto de Santa María (Cádiz), onde éste último embarcou con destino ó seu exilio en Inglaterra, tralo fin da súa rexencia.
Nos seis meses que durou o desterro, Leoncio Meneses adicouse a dar leccións de dourado e prateado, galvanoplastia, frores artificiais e outros artificios que aprendeu dos enxeñeiros ingleses e dos xudeus.
Logo do desterro voltou a Madrid, reclamado polo artífice italiano Marcos Lattis, para dirixilos traballos no seu obradoiro. Unha vez que Marcos Lattis retírase, queda ó frente do taller.
Establecido xa coa súa primeira tenda na rúa do Príncipe nº 6, montou un taller con 28 operarios. Posteriomente abreu unha tenda maior na mesma rúa do Príncipe nº 7.
En 1855 establece a fábrica en Chamberí, dando traballo a 160 empregados.
Tivo catro fillos, Emilio, José Maria, Manuel e Teresa. Os tres varóns aprenderon o oficio e traballaron con él no negocio. En 1867 enviou a Emilio e José Maria a estudar en Paris tódolos adiantos da industria e do metal branco.
Alí asistiron á Escola de Artes e Oficios, especializándose en diferentes traballos cada un.
O outro fillo, Manuel, quedou en Madrid, e un tempo despóis independizouse, montando tendas, a xeito das hoxe chamadas franquicias en Valladolid, Sevilla e Barcelona.
En decembro de 1877 inaugurábase o local da Praza de Canalejas, construcción coñecida co nome de edificio Meneses, e que aínda hoxe se conserva, sendo unha edificación emblemática da cidade.
En 1885 inauguraban unha nova fábrica, agora xa os seus fillos, no barrio de Salamanca, situada na rúa Don Ramón de la Cruz, na que daban traballo a máis de 300 empregados.
Durante todos estes anos de traballo, Pratería Meneses foi evolucionando a través de diferentes sociedades.
A fabricación durante todos estes anos exténdese á ourivería relixiosa e á pratería destinada a obxectos de mesa e elementos para hoteis. Distínguense dúas fases; unha inicial na que era tanto ou máis importante a fabricación de ourivería relixiosa, e unha segunda na que pasa a ser máis importante a pratería, gañando importancia os seus productos para mesa e decoración, chegando a ser nomeado proveedor, dourador e prateador da Casa Real no ano 1856.
Ó longo da súa historia, a marca, e logo os seus diferentes sucesores, asistiron a diferentes exposicións, gañando numerosos premios e medallas, incluso no ámbito internacional, entre as que podemos destacar as seguintes: Medalla de prata da Xunta de Agricultura de 1865; Medalla de cobre na Exposición Nacional de 1873; Medalla de cobre na Exposición Agrícola, Industrial e Artística de Galicia de 1875; Medalla de prata na Exposición Rexional Gaditana de Amigos do País de 1879; Medalla de ouro da Sociedade Científica Europea en 1881; Medalla na Primeira Exposición Pedagóxica de 1882; Mención honorífica na Exposición Nacional de Minería, Artes Metalúrxicas, Cerámica e Cristalería de 1884; Medalla de ouro e diploma na Exposición Universal de Barcelona de 1888; Medalla de ouro e membro de honra correspondente da Academia Parisina dos Inventores Industriais e Expositores de 1892; Premio de Honra na Exposición de Industrias de Madrid de 1907; Medalla de ouro da Real Sociedade Económica Matritense de 1908; Diploma de honra na Exposición Universal de Bruselas de 1910.
Outro dato a destacar é a expansión comercial entre os anos 1850 e 1876. A estratexia comeza coa creación dunha rede de establecementos en provincias e no estranxeiro. Un dos primeiros foi en Valladolid e en Barcelona. No 1878 contaba con seis sucursais (Sevilla, Bilbao, Cádiz, Granada, Oviedo e Valencia). A expansión da fábrica tamén implicou a exportación a "ultramar", abrindo un local na Habana (Cuba).
Posteriormente tamén se exporta a Manila (Filipinas).
Na actualidade, os descendentes do fundador de Pratería Meneses, continúan coa tradición familiar que se iniciou na década de 1840.

- Darío Areas Domínguez, Coordinador do Museo Fernando Blanco e Secretario da Fundación.
Tesouros Ocultos da Fundación
Novas da Fundación
- A música pechou un mes de Cultura na Fundación Fernando Blanco.
- Os alumnos de Cee disfrutan da ciencia e dos contos no Mes da Fundación.
- Neira Vilas repasou a emigración ás Américas no Mes da Fundación.
- Rosalía e Jorge Mira comparten tesouros con Fernando Blanco.
- Cee descobre os Tesouros Ocultos de Fernando Blanco.
- A Fundación amosa os seus Tesouros Ocultos.
Artigos sobre Fernando Blanco de Lema
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I).
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador.
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco.
- A Guerra da Independencia na vida de Fernando Blanco de Lema.
Outros artigos de Darío Areas
Tesouros da Fundación
- Hemisferios de Magdeburgo, 13 Xul 2012
- Balanza Hidrostática, 03 Xul 2012
- Tetarodon testudineus (Peixe Globo), 27 Xuñ 2012
- Caliza con Ammoniteds Nodotianus, 20 Xuñ 2012
- Aparello de Silberman, 12 Xuñ 2012
- Home clásico, 04 Xuñ 2012
- Custodia, 30 Mai 2012
- Barómetro de Fortin, 23 Mai 2012
- Placa conmemorativa, 16 Mai 2012
- Albarelo, 09 Mai 2012
- Manómetro de Bourdon, 02 Mai 2012
- Pirómetro de Cadrante, 24 Abr 2012
- Marmita de Papin, 18 Abr 2012
- Máquina eléctrica Mixta de Carré, 11 Abr 2012
- Pila en columna de Volta, 03 Abr 2012
- Bomba Aspirante-Impelente, 28 Mar 2012
- Aparello de Nollet, 21 Mar 2012
- Máquina pneumática, 14 Mar 2012
- Atril de Altar, 07 Mar 2012
- Lámpada de Berzelius, 29 Feb 2012
- Modelo de aventadora, 22 Feb 2012
- Ganímedes, 13 Feb 2012
- Máquina de escribir Underwood nº5, 08 Feb 2012
- Harmonium Mustel, 01 Feb 2012
- Aparato de Kipp, 25 Xan 2012
- Papoula Silvestre, 18 Xan 2012
- Máquina de vapor de Watt, 11 Xan 2012
- Gravado “La Virgen del pez”, 03 Xan 2012
- Fonógrafo, 23 Dec 2011
- Centrífuga con accesorios, 21 Dec 2011
- Cristo Crucificado (óleo), 04 Dec 2011
- Fol acústico de 8 tubos, 26 Out 2011
- Máquina eléctrica de Ramsden, 19 Out 2011
- Capela da Fundación, 13 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (V) – 125 anos de historia educativa no Instituto Fernando Blanco, 08 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (IV) – Problemas á hora de cumprir as últimas vontades do fundador, 06 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (III) – O traslado dos restos mortais a Cee, 01 Out 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (I), 29 Set 2011
- Fernando Blanco de Lema, por Darío Areas (II) – O testamento, 29 Set 2011
- O Argonauta, 26 Set 2011
- Monumento adicado a D. Fernando Blanco de Lema, 21 Set 2011
- O piano vertical Rönisch, 14 Set 2011
- Lanterna Máxica, 07 Set 2011
- Modelo da Locomotora Crampton, 31 Ago 2011
- Abeto grego, 24 Ago 2011
- Óleo de Fernando Blanco de Lema, 23 Xul 2011
- Cámara escura fotográfica, 23 Xul 2011
- Gramófono, 23 Xul 2011
- Telégrafo de Morse, 23 Xul 2011
- Esquema Orográfico e Hidrográfico de Galicia, 20 Xul 2011
- O primeiro teléfono de Cee, 13 Xul 2011
- Presentación dos Tesouros da Fundación Fernando Blanco de Lema, 06 Xul 2011
Máis información
Para unha información máis detallada sobre a figura de Fernando Blanco de Lema e da historia do Instituto da Fundación e da antiga Escola de Nenas, así como tamén do Museo, podedes visitarnos na Praza da Constitución, nº 25 de Cee, ou na web: www.museofernandoblanco.org.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).