Mércores. 24.04.2024
El tiempo
David Castro
10:29
18/09/13

Entrevista de David Castro con Juan Chans: "Volvín ao Corme porque xogan os amigos de toda a vida"

Entrevista de David Castro con Juan Chans: "Volvín ao Corme porque xogan os amigos de toda a vida"
Juan Chans nunha foto de Jorge parri

Juan Chans Veres, nado en Corme o 13 de abril de 1993, criouse futbolisticamente nas categorías base do Victoria CF e do Real Clube Deportivo de A Coruña. Finalmente, este cormelán quixo ser profeta na súa terra e decidiu fichar polo Corme CF, donde cumple a súa 3ª tempada vestindo as cores azuis.

Na imaxe de verde vemos á culpable da gran calidade que ten Juan Chans, a súa nai Juana Veres. Foto Corme CF
  • David Castro: Boas Juan, comezaches a túa andaina como futbolista no Victoria CF. Que significa o conxunto branco e negro para ti?

Foi a miña escola futbolística, alí aprendín e disfrutei moitísimo e sempre me trataron moi ben. O presidente Juan e a xente da directiva sempre me recordan que no caso de que decidise volver me recibirían cos brazos abertos.


  • D.C.: Durante catro tempadas vestiches a camisola do Deportivo. Como describirías esa etapa na túa vida futbolística?

Estar en Abegondo entrenando co Deportivo é moi esixente. Xa, desde pequenos che enseñan a competir e a entrenar para competir, o disfrutar do fútbol queda nun segundo plano cando vas a unha escola que ten como obxectivo sacar xogadores profesionais. Estou moi orgulloso daquela etapa, serviume para ver outra cara do fútbol e para aprender moitas cousas.


  • D.C.: Na túa etapa como deportivista tiveches a gran oportunidade de disputar un dos torneos máis prestixiosos do mundo en categorías base, como é o Arousa Cup. O teu equipo foi que de chegar a semifinais, donde quedastes eliminados co Valencia CF. Como recordas esta gran experiencia?

Foi moi emocionante. Estar nun torneo dese nivel e competir cos mellores da túa idade sempre gusta, non poidemos chegar a final pero estivemos moi cerca. Juan Chans no Depor donde compartiu vestiario con Insua Uxio e Iago Beceiro entre outros

  • D.C.: No Deportivo, compartiches vestiario con Insúa e Uxío, entre outros. Como os definirías?

No vestiario eran dos máis calmados, eran moi tranquilos e capaces de transmitir esa tranquilidade o equipo. Ambos son xogadorazos, teñen todo o que necesita un central e sigo convencido de que triunfarán, aínda poden chegar máis lonxe.


  • D.C.: Tamén foches compañeiro no Mundo do Fútbol de Iago Beceiro. Para min, un rapaz que o ten todo para triunfar nesto do fútbol pero o seu carácter e a súa forma de ser prohíbenllo. Que opinas deste xogador? Como o describirías tanto dentro como fóra do terreo de xogo?

Ofensivamente é un fora de serie, ten unha gran zancada e iso permítelle ser moi rápido e marcar moitos goles. Cando xogaba conmigo tiña un problema, cando non lle saían as cousas desaparecía do partido.


  • D.C.: A mediados do teu último ano como xuvenil decidiches vir a Corme para ser profeta na túa terra. Por que tomaches esa decisión?

Foi un cúmulo de cousas. O Corme é o equipo do meu pobo, meu avó Rafael fixo moito por fundalo e os meus tíos Andrés e Jaime xa xogaran antes ca min aquí. No Corme xogan moitos dos meus amigos de toda a vida, os rapaces cos que xogaba as pachangas na pista son agora os meus compañeiros de equipo. Ademais, Lente (o míster) fíxome ver que ía confiar en min.

Juan Chans nos seus inicios nun torneo Concello de Ponteceso
  • D.C.: Sempre levaches ao Corme CF na sangue, xa que un dos fundadores foi teu avó, Rafael Chans. Que se sinte levando as cores dun equipo fundado por un antecesor teu? Que recordas do que che decía teu avó sobre o clube?

Meu avó faleceu cando eu era moi novo, tería uns 8 ou 9 anos e a maior parte do que fixo polo Corme seino pola xente vinculada ao clube que mo conta. El xa sabía que me encantaba o fútbol e quero pensar que tamén sabía que acabaría xogando aquí. É unha pena que non puidera ver como eu e todos os meus amigos disfrutamos no Cairo, en gran parte, gracias ao esforzo que el fixo.


  • D.C.: Na primeira tempada vestindo a camiseta do Corme CF, fostes quen de acabar o ano en postos de ascenso a 1ª rexional pero a directiva decidiu renunciar ao ascenso logo da decisión que tomou a Federación Galega de Fútbol de mandar aos equipos da Costa xogar o grupo da zona de Santiago. Como tomou a plantilla esa decisión?

Directiva e plantilla somos un, aquí. Suso da Torriña está sempre con nós e o resto da directiva tamén está moi presente. Todos queremos o mesmo e nesta decisión non houbo problema ningún porque todos estivemos de acordo en quedar na liga da Costa, todos creemos que era o mellor para o equipo.


  • D.C.: A pasada tempada tras a lesión do killer do equipo, Alejo, o míster Juan Lentejo decidiu darche a responsabilidade de facer os goles do equipo, e ti respondeches con moitos tantos quedando pichichi da categoría xunto con Kike Paluca, da Esteirana, con 32 goles cada un. Definiríaste como un goleador?

Calquera que xogue no Corme aí arriba pode incharse a marcar goles por unha razón moi clara, detrás de ti están os mellores xogadores da costa, neste equipo temos a liña de mediocentros de máis calidade da liga e calquera (Adrián, Lucas, Brais, Diego, Álex, Miguel, Manu, Sergio...) poden regatear a dous xogadores e poñerche un balón no pé diante do porteiro.


  • D.C.: En Corme, tedes unha afección espectacular, como eles din son de sangue azul, e a verdade e que o dan todo polo equipo. Que podes decir sobre ela?

A afección está un nivel por encima do equipo, e eso que o equipo é bo! Pero a afición é espectacular, a xente en Corme sube todos os domingos ao Cairo e empuxan ao equipo ata o punto de que son eles os que gañan moitos partidos. Sobre todo é de agradecer aqueles que van detrás do equipo alá a donde o Corme vai. Onte (polo venres) xogamos en Camariñas ás 21:45 contra o Porteño e había máis xente de Corme que da Ponte do Porto, non ían abrir a cantina e cando viron chegar tanta xente foron comprar café.


  • D.C.: Que obxectivo lle marcas ao Corme para esta tempada 2013-2014?

Temos moitas ganas de loitar pola liga, oxalá a sorte nos acompañe e poidamos estar aí arriba.


  • D.C.: No que respecta a ti, que obxectivo persoal te marcas? Repetirás como pichichi?

O meu obxectivo persoal é axudar en todo o que poida o equipo, a gañar o maior número de puntos posible, firmaba agora mesmo non marcar máis goles e que gañáramos a liga.


  • D.C.: Moitas grazas crack e moita sorte para esta tempada.

Gracias a ti e oxalá haxa sorte.


Outras entrevistas de David Castro

Outras entrevistas

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Fonte

Comentarios