Venres. 29.03.2024
El tiempo
Domingo Guerra
13:15
18/12/20

Momento para o consenso e transparencia

Consenso e transparencia
Momento para o consenso e transparencia

Agora que, por fin, remata este 2020 «pandémico», boa parte das elites económicas e académicas eloxian a capacidade dos concellos para mitigar determinadas consecuencias, non só económicas, provocadas pola recesión. Non é sen tempo!

É verdade que tanto a reducida dimensión orzamentaria como a escaseza de medios son variables que limitan a funcionalidade municipal, para actuar con eficiencia, ante circunstancias tan extraordinarias. Pero, tamén é certo que, en moitos casos, a resposta municipal foi oportuna, asumindo incluso, temporalmente, con éxito, competencias doutras institucións mellor dotadas (Estado, Xunta ou Deputación).

Con todo, as «condutas» dalgúns dos nosos gobernantes deben mellorar. Sabémolo nós pero tamén o saben eles. Como tamén sabemos, todos, que a exemplaridade e os valores e principios democráticos son instrumentos básicos para acometer os desafíos desta nova década. Por iso, hai que mudar comportamentos e conseguir consensos, como aprobar o novo presuposto a tempo. Pero tamén é necesario reforzar a transparencia, e que mellor maneira que rendendo contas en prazo.

Porque, así como a estas alturas de decembro xa é difícil conseguir que se aprobe o orzamento para que entre en vigor a comezo de ano; deberíase, cando menos, render a conta xeral antes do 22 de xaneiro próximo que, se non fora pola Covid-19, xa debería estar presentada ao Pleno e remitida ao Consello de Contas. Porque, ata o momento de publicar este artigo, tan só 9 dos 19 concellos que integran a nosa área, cumpriron con ese mandato legal. 

Os que nos seguen, saben que publicaremos aquí, despois de xaneiro, unha táboa cos concellos que comezaron esta nova década cumprindo coa lei e detallaremos, por suposto tamén, a relación dos que non.

Esa é a pequena aportación que podemos ofrecer.

OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA

Comentarios