Sábado. 27.04.2024
El tiempo
Nando Lestón
13:32
17/07/23

Garamendi

Cando eu era neno, aínda o son porque teño un neno dentro, case tódalas persoas que coñecía traballaban para si mesmas.

Xan do Zapateiro, que era da casa do Zapateiro, traballaba con aquelas mans grandes o cuiro (non de cacique) e enfiaba a agulla que daba gusto. Hoxe traballaría para NIKE ou para ADIDAS.

Jesús de Vintura, o ferreiro, martelaba no iunque o ferro que se lle puxera por diante e tiña a fragua como o Rosario da Aurora. Hoxe traballaría ca soldadura orbital en “Haceros” de Hispania.

Xusto de Adrián, para sorpresa de todos tamén era da casa de Adrián, e era o Carpinteiro do lugar, agora quedou o fillo. Toda a aldea está sembrada de Xusto; pórticos, roupeiros, camas, da cociña o que quiras... en fin; hoxe traballaría en... Madeiras Casais?

Os que traballaban, e disculpen as mulleres, eran os que hoxe chamades “emprendedores”, cunha pequena diferencia... naceron no Oficio. Iso axuda.

A onde vou, con tal representación da miña escasa memoria infantil.

Eran autónomos. Non Autónomos.

Tiñan os recursos case de xeito natural, as ferramentas de coñecemento perfectamente perfiladas e eran polo xeral mui eficientes, polo tanto fiables.

Si. E o peixe é cada día máis pequeno na Plaza.

Rumbo a esa maldita conciencia, que me atalaburda tódolos días, compoño frases con criterio, informado e vou ó muelle de Muros e tiro unha botella ó mar. Cunha mensaxe dentro. No papel está escribido... GARAMENDI... PASA AL RINCÓN DE PENSAR Y ME ESCRIBES 2000 VECES “YO NO SOY DE ESTE MUNDO... SOY DEL OTRO”.. cerro comiñas.

Autónomos da Costa PARADE... e xa veredes como o Mundo segue funcionando. Sería doutro xeito e ao millor recuperabamos as terras de cultivo... que é o que vai facer falta... comer, porque GARAMENDI e colegas se están zampando un bizcocho.

Os empresarios sempre defenden que son os creadores de riqueza. De entrada ninguén os obligou. Con esa cara tan mucha ca que se defenden das críticas honestas do seu traballador. Lacrimóxeno vai acabar sendo isto. Sempre traxeados sin descuellar. Jodidos reprimidos que se sosteñen a sí mesmos cunha calumnia patosa, digna dun necio que non mira as consecuencias.

GARAMENDI ten un superpoder: creerse que non é como os demais, con esa simplona impostura con certo angulo retrasado cando posa na tele.

O discurso ven sendo o de “eu tuven a idea” pero faime falta alguén para levala a cabo. Pois claro. E GARAMENDI contrata a un tipo e dille:

Teño unha idea

- E qué idea é..

- Pois é para unha cousa... pero fasme falta tí

- eu?

- Bueno... se non es ti sera outro... hai muitos coma ti

-Non, non... eu mesmo... e... canto vou ganar?

- Bueno home... iso xa o trataremos, pero ti xa estás contratado.

GARAMENDI sae dalí e monta nun coche que o conduce un colega e no que ten confianza. Un mercedes gris, de apariencia discreta (non teño nin idea de que coche ten) (nin me importa).

Cando se facían as casas da aldea, esas que hoxe son case todas mui amañadas elas, non había nin se lle esperaba a presencia dun arquitecto. Disque ás veces había un “maestro” para algunhas especialidades, pero en xeral todo mundo ca axuda do resto, facía a sua casa. A miña pregunta é: canto cobra un albanel e canto cobra un arquitecto... si si?

Un pón a idea que para eso foi á escola e por iso temos sembrada a Costa de tan Magníficas evidencias do mal gusto e do mercenariado (perdón pola palabra).

Un albanle fai unha casa e non lle fai falta máis ninguén, pero se traballas para Ferrovial, pois xa sabes o que hai... Ferrovial 10.. albañil 1. Ás veces -1.

Jolines que populista estou sendo.

Entendo que Ferrovial podería estirar ata 7-3?... 6-4?... estamos locos?

A Ferrovial faille falta Jesús de Vintura, Xan do Zapateiro e Xusto de Adrián... sen eles o de Ferrovial sería Juan Martinez Soplillo... ”coma quen di, un ninguén”.

Jo...r.. Que me olvidaba de GARAMENDI.

GARAMENDI monta no seu buque e surca as rúas de Madrí sen despeinarse, mirando con incómoda desidia o perfil do transeúnte. Sen desprecio “putos jipis”. Depresa a todas partes e non ten nin p...j..l..ra idea de a onde van, bueno, algúns si, pero uns poucos, os que van máis amodo.

Para que GARAMENDI vaia no coche fai falta, dende un tapiceiro ata un ferreiro, pois ata alguén ten que facer as máquinas que fan os coches, ou que pensades que as máquinas se fan soas unhas a aoutras?? Xa veremos... mentras tanto alguén está lidiando co caucho ou cas placas dos circuitos ou cos cromados das portas e do salpicadeiro... que será todo un cuadro.

GARAMENDI non se dá conta, ata aí non chega, para el son simples Autónomos e ás veces nin iso, depende de onde se extraia e elabore a materia prima.. a “Mater Materia” GARAMENDI...

Quen asfalta todo ese griserío que vai quedando atrás con temperaturas de 45º e unha pinturiña despois para que o teu chofer vaia direitiño... que de algo hai que comer.

E logo esas piruletas tan coloridas e de formas tan simpáticas... as que nós, o vulgo, chamamos SINAIS... hai sinais GARAMENDI... para ir direitiño.. GARAMENDI.

Fai falta muita xente contratada para soster este rumbo.

Igual GARAMENDI podería vivir sen coche... ou ao millor acabaría el sendo o chofer... (non o acentúo apropósito)... quen sabe..

De entrada, se un albanel fai unha casa... por que cobra tanto máis un arquitecto?

E se a GARAMENDI para montar no seu coche, lle fan falta ferreiros, tapiceiros, metalúrxicos, electricistas, pintores, materia prima e que sei eu... por que GARAMENDI gana bastante tanto máis?

Chamademe POPULISTA dunha ves!!!!!!, diablos!

Que está pasando co peixe que cada ves é mais pequeno no Mercado. A Flota había de descansar unha temporada longa e os mariñeiros seguro que o agradecían. Nada, un par de aniños... eso sí sería transición ecolóxica Sra. Ministra.

Disculpade este paréntise...

GARAMENDIGARAMENDIGARAMENDIGARAMENDIGARAMENDI...

Nós, que temos o peixe na rede, o millo na man, o vento que pasa cariña de calabasa... temos que aturar aos GARAMENDIS da vida...

Anda no seu coche porque alguén llo fixo. E vai seguro por que a estrada tamén lla fixeron..c on GARAMENDI son tres... por que gana GARAMENDI tantomaisouque???????????????????????  ata aquí.

CANDO NOS VOLVEMOS TODOS TAN ASALARIADOS.  VIVA JESÚS,

 VIVA XAN E VIVA XUSTO... E DE PASO, MEU PAI que empezou de calderetero e chegou a maquinista. Fasía andar o barco. 
 

  • Nando Lestón. Artista, pintor e escultor que vive en Carnota.

MÁIS INFO

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

Comentarios