Os Veteranos celebraron su Supercopa e xa preparan o comezo das Ligas


Comezou a tempada oficial para os Veteranos da Costa e fíxoo cunha fermosa festa que demostra como medra a atención ao fútbol veterano na zona. O Campo Municipal da Laracha acollía a IV SuperCopa, con dous fermosos partidazos. O San Román, Rei de Copas, no deu opcións ao San Lorenzo, subcampión ligueiro, e se fixo co título da SuperCopa A. Mentres, o Corcoesto, campión da 2ª, impúxose ao Coristanco, subcampión copeiro, na Supercopa B.
E xa teñen a cabeza posta na 1ª xornada da Liga, que xa temos en www.futboldacosta.com (completaremos o calendario en canto o envíe o Comité).

SuperCopa A
- Resultado: San Lorenzo - San Román (2-1).

- San Lorenzo: Cotelo, Robi, Rizos, Puñal, Francés, Rubén, John, Pedro, Schuster, Marcos e José. Tamén: Pablo.

- San Román: Añón, Carlos, Bechi, Montero, Martín, Berti, Óscar, Santi, Alex, Martín e Víctor. Tamén xogaron: Marcos, Mario Casal, Chusca, Javi, Suso, Óscar e Sebas.
- Goles: 1-0, m.40: Chusca á contra; 1-1, m.65: Marcos de cabeza; 2-1, m.89: Bechi.
Gran partido o que realizaron estes dous equipos que loitaron antes polo campionato de liga e que se enfrontaron na Super copa. Como o partido anterior os primeiros minutos foron de moito toque no centro do campo e os dous equipos querían o balón para xogalo e non a perdelo, poucas chegadas ao área non tendo que intervir os porteiros, o San Román apropiouse do centro do campo e máis cando entrou o debutante Mario Casal.
Co empate no marcador parecía que o choque iría aos penaltis pero Bechi aparecía para decantar o triunfo para o Rei de Copas.




SuperCopa B
- Resultado: Corcoesto - Coristanco (2-0).

- Corcoesto: Pablo, Miguel, Germán, Pichu, Marcos, Rodri, Pablo, Pouso, Ángel, Héctor e Diego. Tamén xogaron: Alex, Toniño e Martín.
- Coristanco: Chapas, Oswaldo, Juan, Blanco, Lorenzo, Carlos, Jose Antonio, Pardo, Cristian, Moncho e Adrián. Tamén xogaron: Suso, Luky e Chitín.
- Goles: 1-0, m.10: Héctor de penalti; 2-0, m.89: Pouso.
- As Ligas dos Veteranos arrincarán o 10 de setembro:
- Final da Copa: O San Román, Rei de Copas.
- Volta das semis: O Coristanco meteuse na final da Copa no último suspiro e pelexará co San Román.
- Ida das Semis: A final está moi cara.
- Ida dos Cuartos: Veteranos: Laxe, San Lorenzo e San Román toman vantaxe.
- Os Veteranos preparan a Gran Final da Copa e o partido das seleccións.
- Os Veteranos de Santiago tamén se unen á Federación.
- Volta da Previa: O Club do Mar a piques de darlle volta a eliminatoria ante o Coristanco.
- X.30: Duelo de pichichis para acabar a Liga e xa dar paso á Copa.
- x.26: O Club do Mar alcanza o título na súa primeira temporada en 1ª División.
- X.25: O Corcoesto certifica o seu ascenso e o Club do Mar acariña o título da 1ª División.
- X.23: O Dumbría sorprende ao Club do Mar.
- X.20: Corcoesto e San Isidro deixan o aberto o título de 2ª e o Ascenso.
- X.14: O Club do Mar pecha a primeira volta como líder indiscutible.
- X.2: Club do Mar, Zas e Milagrosa mandan.
- X.1: O Porteño empeza a tope.
- O Fútbol en Malpica, o reflexo do envellecemento costeiro.
- Fútbol, sol e churrasco no Torneo de Castriz.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Comité de Veteranos da man de Modesto Parga.

Comezaba o partido igualado ata que unha caída de Héctor na área coristanquesa permitía ao propio punta cabanés abrir o marcador pois nada puido facer o para-penaltis Chapas. O Coristanco estirábase e contaba con varias ocasións, como unha falta de Carliños que pega na cruceta, e que foi aplaudido por todo o público. O propio Carliños buscou o gol olímpico nun par de córners moi pechados, pero o meta Pablo fixo dúas grandes intevencións.
Pasaban os minutos co Coristanco buscando o empate, pero o Corcoesto se mantiña ben pechado atrás, e Pablo volvía salvar aos seus cunha parada co pé no man a man ante Moncho. A falta dun minuto para finalizar o partido, Pouso facía o 2-0 definitivo.
