Un Circuito para unir a Provincia a través do Xadrez


Non para a xente do xadrez costeiro de difundir este deporte, sobre todo, entre a mocidade. Desta volta, 3 clubs uníronse e conseguiron a axuda de Gadis e a Deputación para levar este deporte por case toda a provincia. Será no I Circuito Intercomarcal de Xadrez Activo Deputación da Coruña, e desenvolverase os meses de xullo, agosto e setembro en 12 sedes.
Sada, Arteixo, Cerceda, Cee, Laracha, Carballo, Val do Dubra, Cabana, Mazaricos, Dumbría, Carnota e Muxía acollerán cadanseu torneo, con máis de 500€ en premios. Ademais, a info de cada torneo estará na web oficial www.pokeryajedrez.com.
Hai varias categorías (Xeral, Tramos de Elo, Veterán (+55), Feminino, sub-18, sub-16, sub-12, sub-10 e sub-8) e para optar a vencer o Circuito haberá que participar en, alomenos, 7 probas.
O Circuito está organizado polo club xadrez Arteixo, coa colaboración do club xadrez Cabo Touriñán de Muxía e o club xadrez O Toque Xiria de Carballo e o Smyslov de Sada. O Director do circuito será o muxián Santiago Pérez Haz, todo un divulgador nato, e o árbitro Principal Óscar de Prado. Colaboran no circuito a Excma. Deputación da Coruña, Supermercados Gadis-Schweppes y Trina, Calvo e os concellos de Sada, Arteixo, Cerceda, A Laracha, Carballo, Val do Dubra, Cabana de Bergantiños, Mazaricos, Carnota, Dumbría, Muxía e o centro comercial Finis Terrae de Cee.

Calendario de torneos
Xullo:
- Sábado 9 torneo en Dumbría.
- Sábado día 16 torneo en Mazaricos.
- Luns día 25 torneo en Arteixo.
- Sábado día 30 torneo Finis Terrae Centro Comercial en Cee.
Agosto:
- Sábado día 6 torneo Val do Dubra.
- Luns día 15 de agosto Sada.
- Sábado día 20 de agosto A Laracha.
Setembro:
- Sábado día 3 Carnota.
- Domingo día 4 Muxía.
- Sábado día 10 Cabana de Bergantiños.
- Sábado día 17 Carballo.
- Sábado día 24 Cerceda.
Novas relacionadas
- Os alevíns do Manuela Rial, campións provinciais de Xadrez.
- O Manuela Rial, canteira de ouro en fútbol sala e voleibol.
- A canteira do xadrez costeiro triunfa na Pobra.
- O Xadrez invadiu o Centro Comercial.
- Xadrez e percebes para facer medrar a cabeza.
- O Xadrez tamén vai en feminino.
- Un centenar de cativos xa disfruta do xadrez na Costa da Morte.
- Torneo Entre Faros: O xadrez faise grande nos Faros da Costa da Morte.
- Desembarco do navío do xadrez en Lira-Carnota.
- O xadrez faise grande nos Faros da Costa da Morte.
- A Costa da Morte no epicentro do xadrez mundial.
- O xadrez invade a fin da terra.
- 5 Grandes Mestres Mundiais participarán no Torneo Internacional de Xadrez Entre Faros.
Máis novas
- Coñecendo mundo a través do xadrez.
- O xadrez muxián invade toda Galicia.
- A semente do xadrez prende en Muxía que xa conta con dous clubes.
- Unha festa deportiva para pechar o 1º Circuito de Xadrez da Costa da Morte.
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).