Unha vez degustado o espectacular concerto de Nadal con ese xa histórico himno a Isidro Parga Pondal, non marchamos do centro carballés porque aínda temos que gozar doutra das súas actividades antes de pechar o ano escolar.
Todo un directo de hora e media realizaron o alumnado do IES na Radio Rebolondas, a radio escolar da Biblio. Foi o alumado de bacharelao o que levou o peso do programa: Pablo Antelo Paredes, Xulia Arán Paredes, Sara Blanco Rodríguez, Lola Collazo Couto, Cristina Corzón Veres, Lucía López Bello e Ana Vázquez García, sempre coordinados polos mestres Francisco Amado, Miguel Mourón, Lorena Varela Amboage e Vanessa Lorenzo Uzal.
Pasaron polos micros Belén Lendoiro, a mestra (que foi concelleira) que se xubila tras 32 anos de docencia, ou Laura Mouro, unha alumna e escritora que xa ten publicado o libro Amor en California.
MÁIS NOVAS DO IES
- 2023: A premiada radio escolar do IES Isidro Parga Pondal.
- 2023: Os vídeos musicais do IES Parga Pondal que triunfan no Tiktok:
- Xaneiro 23: O espectacular Concerto de Nadal do IES Parga Pondal.
- 2022: O vídeo do Nadal musical do IES Parga Pondal.
- 2021: A música, e o emprendemento, toman o IES Parga Pondal.